The Lemonheads

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
The Lemonheads
OrixeBoston, Massachusetts, Estados Unidos
Período1986 - 1997
2005 - actualidade
Xénero(s)rock alternativo
Selo(s) discográfico(s)Warner Music, Atlantic Records, Vagrant Records, Taang! Records
MembrosEvan Dando
Vess Ruhtenberg
Devon Ashley
Mark Cutsinger
Na rede
thelemonheads.net
IMDB: nm2173478 Facebook: TheLemonheads Twitter: TheLemonheads Instagram: thelemonheadsofficial MySpace: thelemonheads Bandcamp: thelemonheads Spotify: 6w7fc6IZlo5zwBaKT5jU1X iTunes: 312507 Last fm: The+Lemonheads Musicbrainz: 58a53082-a629-4ff1-a44d-7492d6f6e8fb Songkick: 342697 Discogs: 294469 Allmusic: mn0000482677 Deezer: 8016 Genius: The-lemonheads Editar o valor em Wikidata

The Lemonheads é unha banda de rock alternativo estadounidense formada na cidade de Boston en 1986. O seu líder e único membro permanente é o guitarrista e vocalista Evan Dando. En 1997 a banda deixou de tocar e no ano 2005 Evan decidiu retomar o proxecto e editou The Lemonheads en 2006.

Historia[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Evan Dando, Ben Deily e Jesse Peretz formaron The Lemonheads na súa adolescencia cando asistían á Commonwealth School en Boston. Orixinalmente a banda chamábase The Whelps, ata que a inspiración chegoulles dun tipo de larpeirada, que segundo Dando era "dulce no interior e amargo no exterior". O grupo gravou e autoeditou un EP de 7" chamado Laughing All the Way to the Cleaners,[1] e o seu primeiro concerto foi o día 18 de agosto de 1986.[2]

Despois do instituto, Dando matriculouse na Skidmore College pero non puido manter as súas notas e deixou as clases para continuar coa súa carreira musical. A banda asinou co selo local Taang! Records e editou con el os álbums Hate Your Friends (1987), Creator (1988) e Lick (1989), con Deily e Dando compartindo as voces principais e as composicións.[3] O grupo gozou dunha boa cantidade de tempo de emisión na radios universitarias e fíxose popular no tempo da aparición da escena indie rock, ata que Deily deixou a banda en 1989. Dando entón recrutou a David Ryan para a batería e asinou co grande selo Atlantic Records, editando o álbum Lovey en agosto de 1990.[3] A cabalo entre o punk rock, o country e o heavy metal, Lovey apareceu un ano antes do éxito comercial do grunge.

Chegada da fama[editar | editar a fonte]

Dando marchou a Australia para compoñer algúns temas cos seus amigos Nic Dalton e Tom Morgan. Esas canción foron a base para o álbum It's a Shame about Ray, que os lanzaría cara ao gran público. Unha versión de "Mrs. Robinson" lanzouse como sinxelo e fixo que tivesen moita cobertura nos medios. Cando oálbum foi reeditado o tema foi incluído ao final do tracklist. A banda gozou dalgún éxito nas radios universitarias e de cara ao público xeral. Durante os ano 1992 e 1993 a faciana de Dando apareceu en bastantes portadas de revistas, e foi incluído na lista das 50 persoas máis fermosas da revista People.

A banda renomeouse oficialmente de "Lemonheads" a "The Lemonheads" antes da publicación do seu seguinte traballo. En outubro de 1993 editaron o álbum Come on Feel the Lemonheads.[3] O disco tivo bastante éxito grazas a temas coma "Style", "The Jello Fund" ,"Big Gay Heart" e "It's About Time", e chegou modestamente ao gran público co sinxelo "Into Your Arms". A banda continuou de xira cos algúns cambios na formación, entrado na banda o baixista Mike County e o guitarrista Bill Peterson.

A esas alturas os problemas de Dando coas drogas comezaban a facerse evidentes. Nunha entrevista perdeu a súa voz despois de fumar crack, e el admitiu ter un problema de adicción.[4]

En 1996 Dando reformou The Lemonheads, contando con John Strohm e Murph (ex-Dinosaur Jr.), así como co baixista Bill Gibson da banda australiana The Eastern Dark. Esta formación editou o álbum Car Button Cloth, que amosaba o lado máis escuro de Dando.

The Lemonheads xirou con bastante éxito durante o ano 1997 e realizou o seu último concerto no británico Reading Festival antes de entrar en inactividade. Evan Dando continuou dando concertos en solitario.

Hiato[editar | editar a fonte]

Atlantic Records editou o recompilatorio The Best Of The Lemonheads en agosto de 1998. Entre os anos 1998 e 2004 Evan Dando fixo algunhas xiras en solitario tocando cancións da banda, pero nunca se confirmou unha reunión oficial. Durante este tempo, Dando editou un álbum ao vivo, Live at the Brattle Theatre, no 2001, e un álbum en solitario, Baby I'm Bored, no 2003. Tamén co-escribiu o tema "The Last High" con Courtney Taylor-Taylor de The Dandy Warhols paro o álbum Welcome To The Monkey House da banda de Courtney.

Regreso[editar | editar a fonte]

Despois de nove anos sen gravar, no verán do 2005 anunciaron que a banda se reformara para gravar, incorporando a Bill Stevenson e a Karl Alvarez, membros de The Descendents. Esta formación foi fluctuando, e pola banda tamén pasaron nesa época George Berz (Dinosaur Jr.) á batería e Josh Lattanzi ao baixo.

O 14 de setembro do 2005, Dando, Stevenson e Lattanzi realizaron dous concertos no Shepherds Bush Empire de Londres como parte das series ATP Don't Look Back, onde tocaron o álbum It's a Shame About Ray enteiro.

En abril do 2006 a banda asinou un contrato coa discográfica Vagrant Records, coa cal editaron o álbum The Lemonheads o día 26 de setembro dese ano. O disco conta coa colaboración de Garth Hudson e J Mascis nalgúns dos temas. Para promocionalo, Dando xirou polo Reino Unido, Europa e os Estados Unidos a finais de ano cunha banda formada por Vess Ruhtenberg (baixo) e Devon Ashley (batería) do grupo The Pieces. Nos Estados Unidos tiveron como abreconcertos a Vietnam and Hymns. O grupo tocou coa mesma formación durante os anos 2007 e 2008. Coa formación que gravou o disco, Alvarez e Stevenson, dando tocou nunha pequena xira estadounidense de 20 datas a finais do 2007.

O cofundador Ben Deily graduouse na Universidade Harvard mentres The Lemonheds se reformaba. No presente traballa como director creativo asociado na industria da publicidade. O seu grupo de power pop/punk, Varsity Drag, completou unha xira europea por 25 cidades entre xaneiro e febreiro de 2007 interpretando material propio e algunhas composicións de Deily dos primeiros catro traballos de The Lemonheads releases. Varsity Drag continuou tocando periodicamente, polo menos ata o ano 2018, na área de Boston.[5]

En marzo de 2008 apareceu unha edición deluxe do seu álbum de 1992 It's a Shame About Ray, lanzada polo selo Rhino Records.[6] Esta conta con demos, caras-b e un DVD co material que aparecera previamente no VHS Two Weeks In Australia, que amosaba imaxes da súa xira por este país despois do lanzamento do álbum. Para promocionar a reedición, Dando, Ruhtenberg e Ashley interpretárono enteiramente en varios concertos entre marzo e maio do 2008. Posteriormente a banda marchou a Europa con Vess Ruhtenberg e P. David Hazel (batería).

O 23 de xuño do 2009 The Lemonheads editou Varshons, unha colección de once versións, con temas de Gram Parsons, Wire, GG Allin e Christina Aguilera. O álbum conta coa colaboración da actriz Liv Tyler, que fai un dueto no tema de Leonard Cohen "Hey That's No Way To Say Goodbye".

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbum Ano Selo
Hate Your Friends 1987 Taang! Records
Creator 1988 Taang! Records
Lick 1989 Taang! Records
Lovey 1990 Atlantic Records
It's a Shame About Ray 1992 Atlantic Records
Come on Feel the Lemonheads 1993 Atlantic Records
Car Button Cloth 1996 Atlantic Records
The Lemonheads 2006 Vagrant/Polydor
Varshons 2009 The End
Varshons 2 2019 Fire Records

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Lemonheads singles". Evan Dando & The Lemonheads (en inglés). Consultado o 2019-03-20. 
  2. INTHEMINDOFTV (2010-05-06). "Evan Dando". Consultado o 2019-03-20. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "Lemonheads albums". Evan Dando & The Lemonheads (en inglés). Consultado o 2019-03-20. 
  4. "Q 1993". Evan Dando & The Lemonheads (en inglés). Consultado o 2019-03-21. 
  5. "Varsity Drag". www.facebook.com. Consultado o 2020-09-28. 
  6. Punknews.org. "Lemonheads full length, reissue due next year". www.punknews.org (en inglés). Consultado o 2020-09-28. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]