The Dandy Warhols

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
The Dandy Warhols
Dandy warhols.jpg
OrixePortland, Oregon, Flag of the United States.svg
Período1993-presente
Xénero(s)rock alternativo, rock psicodélico
Selo(s) discográfico(s)Capitol, Tim/Kerr
MembrosCourtney Taylor-Taylor
Peter Holmström
Zia McCabe
Brent De Boer
Antigos membrosEric Hedford
Artistas relacionadosThe Brian Jonestown Massacre, Pete International Airport, Immigrant Union, Logan Lynn, One Model Nation, The Upsidedown
Páxina webdandywarhols.com

The Dandy Warhols é unha banda estadounidense de rock alternativo formada en Portland, Oregon, por Courtney Taylor-Taylor (voces, guitarra), Zia McCabe (teclados), Peter Holmström (guitarra) e Eric Hedford (batería), que deixou o grupo en 1998 e foi substituído por Brent De Boer. O seu nome é un xogo de palabra co nome do creador do pop-art Andy Warhol.

A banda gañou recoñecemento tras fichar con Capitol Records e editar o seu álbum de estrea cun gran selo, ...The Dandy Warhols Come Down, no ano 1997. En 2001 o grupo acadou novos niveis de fama grazas á súa canción "Bohemian Like You" que foi usada nun anuncio de Vodafone. The Dandy Warhols foron obxecto en 2004 do documental Dig!, xunto co grupo psicodélico de San Francisco The Brian Jonestown Massacre. A banda leva publicados dez álbums de estudio, dous recompilatorios, seis EPs e 27 sinxelos ata a data.

The Dandy Warhols están fortemente influenciados por The Velvet Underground, The Beach Boys, Simon and Garfunkel, The Beatles, The Shadows e The Rolling Stones.

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbum Ano Selo
Dandys Rule, OK? 1995 Tim/Kerr
...The Dandy Warhols Come Down 1997 Capitol Records
Thirteen Tales from Urban Bohemia 2000 Capitol Records
Welcome to the Monkey House 2003 Capitol Records
The Black Album/Come On Feel The Dandy Warhols 2004 Beat the World Records
Odditorium or Warlords of Mars 2005 Capitol Records
...Earth to the Dandy Warhols... 2008 Beat the World Records
The Dandy Warhols Are Sound 2009 Beat the World Records
This Machine 2012 Beat the World Records, The End Records
Distortland 2016 Dine Alone Records
Why You So Crazy 2019 Dine Alone Records