Jesse Peretz
Jesse Peretz | |
---|---|
Nacemento | 19 de maio de 1968 (54 anos) |
Orixe | Cambridge, Massachusetts ![]() |
Irmáns | Evgenia Peretz |
Ocupación | músico, director de cine |
Instrumento(s) | baixo |
Relacionado con | The Lemonheads |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Jesse Peretz, nado o 19 de maio de 1968 en Cambridge, Massachusetts, é un baixista e director de videos musicais estadounidense.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Peretz foi un dos membros fundadores da banda de rock alternativo The Lemonheads. Deixou o grupo como músico antes do lanzamento do álbum It's A Shame About Ray, porén, continuou traballando con eles como fotógrafo e director de videoclips. Os seus primeiros vídeos para The Lemonheads foron os de "Mrs. Robinson", "Confetti" e "It's a Shame about Ray". Tamén dirixiu vídeos para Foo Fighters, Jack Black e The Breeders, e tamén creou e codirixiu as viñetas cómicas "Jimmy the Cab-Driver" para a MTV cos seus amigos de Harvard, Donal Logue e Clay Tarver. Peretz fixo tamén anuncios publicitarios para marcas como Nike, Ikea e Sony PlayStation. No ano 1998 dirixiu unha película chamada First Love, Last Rites e dende entón leva realizadas tres máis.