Saltar ao contido

The Body Remembers When the World Broke Open

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

The Body Remembers When the World Broke Open
Ficha técnica
Título orixinalThe Body Remembers When the World Broke Open
DirectorElle-Máijá Tailfeathers
Kathleen Hepburn
ProdutorTyler Hagan
Lori Lozinski
Alan R. Milligan
GuiónKathleen Hepburn
Elle-Máijá Tailfeathers
IntérpretesElle-Máijá Tailfeathers
Violet Nelson
FotografíaNorm Li
MontaxeChristian Siebenherz
EstudioExperimental Forest Films
Violator Films
DistribuidoralevelFILM
EstreaBerlín: 9 de febreiro de 2019
Duración105 minutos
Orixe Canadá
XéneroDrama
Na rede
IMDB: tt8230872 Rottentomatoes: m/the_body_remembers_when_the_world_broke_open Editar o valor em Wikidata

The Body Remembers When the World Broke Open (en kwakʼwala: Malkʼwalaʼmida uḵwineʼ leʼołeʼ yax̱idixa̱nʼs ʼnalax̱, en saami setentrional: Rumaš muitá go máilbmi rahtasii, en siksiká: Koistominno saakaisksinima ksaahkomm otsitsikowohpihpi) é un filme canadense de 2019 dirixido e escrito por Elle-Máijá Tailfeathers e Kathleen Hepburn.[1]

O filme céntrase nunha interacción casual entre dúas mulleres indíxenas de experiencias vividas e posicións socioeconómicas contrastadas, Áila (Elle-Máijá Tailfeathers) e Rosie (Violet Nelson), ao tempo que exploran os efectos da violencia de xénero.[1] A maioría do filme consiste nunha única e continua toma.

Estreouse no Festival Internacional de Cinema de Berlín de 2019 no programa "Generation",[2] e estreouse no Canadá no Festival Internacional de Cinema de Toronto.[3] Estivo nomeado a 6 Canadian Screen Awards, incluíndo mellor filme, e gañou tres, entre eles o de mellor director.[4] En 2020 gañou o Premio Rogers Best Canadian Film da Asociación de Críticos de Cinema de Toronto, o máis prestixioso premio cinematográfico do Canadá.

Sinopse[editar | editar a fonte]

O filme comeza cunha serie de escenas que presentan a Rosie, unha moza kwakwaka'wakw, e Áila (pés negros e saami). Rosie está embarazada e vive co seu violento noivo e a súa nai. Áila visita un médico para que se lle introduza un DIU. Despois da súa cita Áila atópase con Rosie, maltratada e descalza pola choiva, que acaba de fuxir do seu mozo, que lle berra pola rúa. Áila, sen saber que facer, ofrécelle a Rosie acubillo no seu apartamento.

Notas[editar | editar a fonte]