O bígamo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «The Bigamist (filme de 1953)»)

O bígamo
Ficha técnica
Título orixinalThe Bigamist
DirectorIda Lupino
ProdutorRobert Eggenweiler
Collier Young
GuiónCollier Young
IntérpretesJoan Fontaine
Edmond O'Brien
Ida Lupino
Edmund Gwenn
MúsicaLeith Stevens
FotografíaGeorge E. Diskant
MontaxeStanford Tischler
EstudioThe Filmakers
DistribuidoraFilmakers Releasing Organization
Estrea 3 de decembro de 1953
Galicia 9 de outubro de 2020 (CGAI)
Duración80 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroDrama
Na rede
IMDB: tt0045557 Filmaffinity: 539597 Allocine: 90812 Rottentomatoes: m/bigamist Allmovie: v5501 TV.com: movies/the-bigamist Netlix: 70030374Editar o valor em Wikidata

O bígamo[1] (en inglés: The Bigamist) é un filme estadounidense de 1953 dirixido por Ida Lupino e protagonizado por Joan Fontaine, Ida Lupino, Edmund Gwenn e Edmond O'Brien. O produtor Collier Young estaba casado con Fontaine naquel momento, e anteriormente estivérao con Lupino. O bígamo é considerada como a primeira longametraxe na que a estrela feminina dun filme se dirixiu a si mesma.[2]

Estreouse subtitulado en galego o 9 de outubro de 2020, no Centro Galego de Artes da Imaxe (A Coruña).[3]

Sinopse[editar | editar a fonte]

Harry e Eve Graham queren adoptar un neno, xa que Eve é infértil. O axente de adopción Mr. Jordan advirte á parella de que necesitaría investigalos a fondo. Harry mira con curiosidade a Jordan, algo que preocupa a Jordan.

Harry e Eve viven en San Francisco e son copropietarios dun negocio, polo que Harry viaxa aos Ánxeles por traballo. Jordan chega á oficina dos Ánxeles de Harry buscando información sobre Harry. A recepcionista chama a todos os hoteis, mais ningún deles ten un Harry Graham rexistrado. Algúns dos directores lembran a Harry, mais levaba meses sen rexistrarse nos seus hoteis. Jordan está moi desconcertado e finalmente atopa un abridor de cartas na mesa de Harry co nome de "Harrison" Graham. Cando visita o enderezo correspondente, atopa a Harry, cunha muller e un bebé. Cando Jordan está a piques de chamar a policía, Harry explícalle como chegou á situación.

Personaxes[editar | editar a fonte]

Recepción[editar | editar a fonte]

O filme tivo dificultades cando RKO Pictures se apartou, deixando os cineastas distribuíla.[4] No momento da estrea recibiu críticas entusiastas.[5] A trama asume descaradamente aspectos da propia vida privada de Lupino (compartindo o mesmo marido guionista con Fontaine; un embarazo extramatrimonial) e mostra as casas de Hollywood dalgúns dos seus amigos nunha xira no autobús das estrelas. A Encyclopedia of Film Noir considera O bígamo "infrecuentemente ambigua" para a súa época.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. @cineclubepf (ed.). "O bígamo por Cineclube PF". Consultado o 27 de xuño de 2021. 
  2. Spicer, Andrew (19 de marzo de 2010). Historical Dictionary of Film Noir. Scarecrow Press. p. 185. ISBN 978-0-8108-7378-0. 
  3. cgai.xunta.gal (ed.). "O bígamo no Centro Galego de Artes da Imaxe". Consultado o 23 de xuño de 2021. 
  4. Dixon, Wheeler Winston (2009). "Lupino, Ida". Senses of Cinema. Consultado o 2019-08-17. 
  5. H.H.T. (Henry Howard Thompson Jr.) (1953-12-26). "At the Astor". New York Times. Consultado o 2019-08-17. 
  6. Mayer, Geoff; McDonnell, Brian (1 de xaneiro de 2007). Encyclopedia of Film Noir. ABC-CLIO. p. 269. ISBN 978-0-313-33306-4. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]