Saltar ao contido

Thalassornis leuconotus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Thalassornis leuconotus
Thalassornis leuconotus
Thomas Campbell Eyton 1838 Editar o valor en Wikidata
 Nome curto
   T. leuconotus (mul)   Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Categoría taxonómica
 Conservación
Especie pouco preocupante
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseAves
OrdeAnseriformes
FamiliaAnatidae
XéneroThalassornis
EspecieThalassornis leuconotus Editar o valor en Wikidata
Eyton, 1838 Thalassornis leuconotus Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Tamaño da niñada
   6,75 Editar o valor en Wikidata
 Duración máxima da vida
   12 a Editar o valor en Wikidata
 Período de incubación
   32 d Editar o valor en Wikidata
Localización
 Área de distribución
Códigos e identificadores
Freebase/m/02284h Editar o valor en Wikidata
ITIS175253 Editar o valor en Wikidata
OTT539138 Editar o valor en Wikidata
UICN22679785 Editar o valor en Wikidata
CoL55ZSS Editar o valor en Wikidata
EOL1048540 Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons
T. leuconotus levantando o voo

Thalassornis leuconotus é unha especie de ave da orde dos anseriformes, familia dos anátidos, que é o único membro do xénero Thalassornis, e da subamilia dos talasorninos.

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Descrición

[editar | editar a fonte]

Tanto o xénero como a describiunos en 1838 o naturalista inglés especializado en aves e peixes Thomas Campbell Eyton.[1][2][3]

Etimoloxías

[editar | editar a fonte]

O nome Thalassornis está formado pola unión dos elementos Thalass- e -ornis. O primeiro deriva do grego antigo θάλασσα thálassa, "mar", e o segundo do grego antigo ὄρνις órnis, "ave", "paxaro".[3]. Literalmente: "ave do mar", "ave mariña".

E o epíteto específico, leuconotus, está formado pola unión dos elementos leuco- e -notos, ambos os dous tirados tamén de palabras do grego antigo: λευκόσ leykós, "branco", e νῶτος nṍtos "costas", "lombo".[3] Literalmente, "de lombo branco"

Sinónimo

[editar | editar a fonte]

O xénero, ademais de polo seu nome actualmente válido, coñeceuse tamén polo sinónimo:[1]

  • Thalassiornis Gray, 1840

Subespecies

[editar | editar a fonte]

Recoñécense dúas subespecies de Thalassornis leuconotus:[4] [5]

  • Thalassornis leuconotus insularis Richmond, 1897
  • Thalassornis leuconotus leuconotus Eyton, 1838

Nota taxonómica

[editar | editar a fonte]

Algúns autores inclúen esta especie na subfamilia dos dendrocigninos.[6]

Hábitat e distribución

[editar | editar a fonte]

O hábitat de Thalassornis leuconotus son os lagos, as lagoas, os pantanos e as marismas, onde camuflarse ben contra os depredadores (especialmente aves rapaces).

Distribución

[editar | editar a fonte]

Esta especie vive en África, especialmente entre Senegal e o Chad, no oeste, en Etiopía no oeste, e na África austral, no sur. A súa poboación pode estar entre os 10 000 e os 25 000 individuos.[7][8]

A subespecie Thalassornis leuconotus insularis vive unicamente en Madagascar e considérase en perigo de extinción como consecuencia da caza, da perda de hábitat e da introdución de especies exóticas competidoras.

Woolaver e Nichols realizaron un estudo de nidificación da subespecie de Madagascar en 2001 no lago Antsamaka, no oeste de Madagascar. Atoparon un total de 37 niños, o que indica a importancia deste único sitio para a conservación desta subespecie insular.[9] Young, et al. suxeriron que unha estimación anterior da poboación de 2 500–5 000 aves totais en Madagascar por Delany e Scott,[10] pode ser demasiado optimista.[11]

Características

[editar | editar a fonte]

Este pato, que mide entre 38 e 40 cm, é un bo mergullador, e pode permanecer baixo a auga durante máis dun minuto.

Aliméntase sobre todo de ninfas de insectos acuáticos.

É diferente de todos os demais patos, e está estreitamente relacionado cos patos asubiadores (como se denominan en castelán e en inglés) cos da subfamilia dos dendrocigninos, aínda que tamén ten similitude cos patos da subfamilia dos oxiurinos.

Consevación

[editar | editar a fonte]

Thalassornis leuconotus é unha das especies ás que se aplica o Acordo para a conservación das aves acuáticas migratorias africano-eurasiáticas (AEWA).

Esta especie está ameazada pola modificación de zonas húmidas, sobre todo onde se ve afectada a flora acuática autóctona, por exemplo mediante a introdución de peixes herbívoros,[7] a introdución de plantas exóticas, a deterioración da calidade da auga como consecuencia da deforestación e a erosión do solo nas zonas de captación,[12] e a contaminación.[7] A especie tamén diminuíu en Madagascar debido á caza e á captura,[13][14] e os seus grandes ovos son especialmente apreciados como alimento polas persoas que viven preto das zonas húmidas.[7]

Estado de conservación

[editar | editar a fonte]

A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais, tendo en conta que esta especie ten unha área de distribución moi grande e, polo tanto, non se aproxima aos limiares de vulnerábel baixo o criterio de tamaño da área de distribución e, a pesar de que a tendencia da poboación parece ser decrecente, non se cre que o descenso sexa o suficientemente rápido como para achegarse aos limiares de vulnerábel baixo o criterio de tendencia da poboación. O tamaño da poboación pode ser de moderadamente pequeno a grande, pero non se cre que se achegue aos limiares de vulnerábel segundo o criterio do tamaño da poboación. Por estes motivos o status da especie é avaliado como LC (pouco preocupante).[15]

  1. 1 2 Thalassornis Eyton, 1838 no GBIF. Consultado o 5 de novembro de 2022.
  2. Thalassornis Eyton, 1838 na BioLib. Consultada o 5 de novembro de 2022.
  3. 1 2 3 Janet Klear, ed. (2005): Ducks, Geese and Swans. Volume 1. Oxford, UK: Oxford University Press. ISBN 978-0-1985-4645-0, p. 210.
  4. Thalassornis leuconotus Eyton, 1838 no GBIF. Consultado o 5 de novembro de 2022.
  5. Thalassornis leuconotus Eyton, 1838 na BioLib. Consultada o 5 de novembro de 2022.
  6. Peterson, A. P. Zoonomen. Zoological Nomenclature Resource - Anseriformes
  7. 1 2 3 4 Kear, J. 2005.
  8. Johnsgard, P. A. 2010.
  9. Woolave & Nichols 2006.
  10. Delany & Scott 2002.
  11. Young, et al. 2006.
  12. Scott, D. A. & Rose, P. M. (1996): Atlas of Anatidae populations in Africa and western Eurasia. Wageningen, Netherlands: Wetlands International.
  13. Langrand, O. (1990): Guide to the birds of Madagascar. New Haven, Connecticut: Yale University Press.
  14. Carboneras, C. 1992.
  15. BirdLife International (2016): Thalassornis leuconotus na Lista vermella da UICN. Consultada o 5 de novembro de 2022.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Carboneras, Carles en: del Hoyo, Josep; Elliot, Andrew & Sargatal, Jordi (1992): Family Anatidae (Ducks, Geese and Swans) Handbook of the Birds of the World. Volume 1. Barcelona (España):Lynx Edicions. ISBN 84-87334-10-5.
  • Delany, S. & D. A. Scott. (2006): Waterfowl Population Estimates. 4th ed. Netherlands: Wetlands International. ISBN 978-9-0588-2031-0.
  • Johnsgard, P. A. (2010): Ducks, Geese, and Swans of the World en The World’s Waterfowl in the 21st Century: A 2010 Supplement to Ducks, Geese, and Swans of the World. DigitalCommons@University of Nebraska - Lincoln.
  • Kear, J. (2005): Ducks, Geese and Swans. 2 volumes. Oxford, UK: Oxford Univ. Press.
  • Woolaver. L. & R. Nichols (2006): "Nesting survey of the white-backed duck at Lake Antsamaka in western Madagascar". TWSG News 15: 34–37.
  • Young, H. G., R. Safford, F. Hawkins, R. Rabarisoa, & F. Razafindrajao (2006): "Madagascar whitebacked duck: What is its true status?" TWSG News 15: 38–40.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]