Saltar ao contido

Oxiurinos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Segundo algúns autores, a dos oxiurinos (Oxyurinae) é unha subfamilia de aves da orde das anseriformes e familia dos anátidos.

Características

[editar | editar a fonte]

A maioría dos seus membros son patos, algúns denominados raboalzados, que teñen as plumas da cola longas, que se erixen cando a ave está en repouso.

A excepción é Heteronetta atricapilla que se parece máis a un pato típico provisto de cola curta.

Son todos mergulladores de auga doce, provistos de patas curtas que lles fan que sexan torpes na terra, polo que raramente deixan a auga.

Cortexo sexual

[editar | editar a fonte]

O seu cortexo sexual é raro e involucra un tamborileo emitido pola súa gorxa e bolsas inchábeis, axitando a cabeza, e erixindo as súas curtas cristas.

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Descrición

[editar | editar a fonte]

O grupo foi descrito polo naturalista e ornitólogo inglés William Swainson en 1831.

Os oxiurinos inclúen 4 xéneros, 3 deles monotípicos, con 8 especies viventes.

Nota taxonómica

[editar | editar a fonte]

Algúns autores non recoñecen esta subfamilia, e as súas especies clasifícanas dentro da subfamilia dos anatinos.[1]

Xéneros, especies e distribución

[editar | editar a fonte]
Oxyura
Especie Distribución Imaxe
Oxyura australisAustralia
Oxyura jamaicensisAmérica
Raboalzado de cabeza brancaEuropa
Oxyura maccoaÁfrica
Oxyura vittataSuramérica
Nomonyx
Especie Distribución Imaxe
Nomonyx dominicusAntillas
Biziura
Especie Distribución Imaxe
Biziura lobataAustralia e Tasmania
Heteronetta
Especie Distribución Imaxe
Heteronetta atricapillaSuramérica