Théophile Marion Dumersan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Théophile Marion Dumersan
Théophile Marion Dumersan.jpg
Retrato de Théophile Marion Dumersan
Datos persoais
Nacemento4 de xaneiro de 1780
LugarPlou, Cher
Flag of France.svg Francia
Falecemento13 de abril de 1849 (69 anos)
LugarParís
Flag of France.svg Francia
NacionalidadeFlag of France.svg Francia
Actividade
CampoNumismática, teatro, vodevil, novela, poesía, canción
Alma máterBiblioteca Nacional de Francia (Gabinete de Medallas)
Contribucións e premios
PremiosCabaleiro da Lexión de Honor (1833)
editar datos en Wikidata ]

Théophile Marion Dumersan, nado en Plou, no departamento francés de Cher, o 4 de xaneiro de 1780 e finado en París o 13 de abril de 1849, foi un dramaturgo, vodevilista, novelista, poeta e numismático francés, vinculado ao Gabinete de Medallas da Biblioteca Nacional de Francia.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Théophile naceu no castelo de Castelnau, en Plou, sendo bautizado na capela do lugar o 6 de xaneiro de 1780. O seu pai era o nobre Guillaume-François Marion du Mersan, señor de Mersan, de Fresnaye e de Surville (1718-1801), e de Jeanne Marie-Françoise Darmezin de la Marre (nada en 1758).[2]

O verdadeiro apelido familiar era Marion. Foi seu pai quen, para se distinguir dos seus irmáns, engadira para si o "du Mersan", tomado do nome dunha das súas propiedades.[3] En 1795, con 15 anos, en tanto que a súa familia estaba preocupada polo Terror, o neno Théophile, que lle collera o gusto ao teatro coas lecturas de Racine e Molière, atopou un emprego con Aubin Louis Millin de Grandmaison, conservador do Gabinete des Medallas da Biblioteca Real.

No seo do Gabinete, co seu compañeiro Théodore Edme Mionnet, futuro membro da Académie des inscriptions et belles-lettres, desenvolveu un novo sistema de clasificación das moedas por orde xeográfica e cronolóxica. Este traballo valeulle para ser nomeado conservador adxunto do Gabinete de Medallas en 1842.[4]

Á idade de dezaoito anos iniciouse como autor de teatro con Arlequin perruquier, ou Les Têtes à la Titus, unha crítica das modas e dos costumes da época, e axiña comezou a alimentar os seus "teatros de bulevar". En dous anos compuxo non menos de dezaoito pezas, entre elas L'Ange et le diable, en 1799, un drama en cinco actos que tivo máis dun cento de representacións, un número impresionante para a época.[5]

En total, escribiu 238 pezas teatrais, entre elas máis de 50 en solitario e as restantes en colaboración cos mellores vaudevillistas parisinos do momento. O seu maior éxito foi Les Saltimbanques, unha "brincadeira hilarante" segundo o Grand Dictionnaire universel du XIXe siècle, estreada no Théâtre des Variétés en 1838.

Entre toda esta produción, Dumersan tamén atopou tempo para redactar libros de numismática e de historia do teatro, como un léxico de expresións teatrais e da xerga dos actores, o Manuel des coulisses.

Cara ao final da súa vida, publicou varias coleccións de cancións e preparou con Noël Ségur o cancioneiro Chansons nationales et populaires de France, publicado en dous volumes en 1866.

Coñécese que entre 1820 e 1835 residiu nunha casa (hoxe destruída) situada no número 62 da rúa Raynouard de París.[6]

Selección de publicacións[editar | editar a fonte]

A obra de Dumersán é moi extensa.[7] Pódese atopar unha catalogación máis exhaustiva das súas obras na guía bibliográfica de Hugo Paul Thieme.[8]

Numismática[editar | editar a fonte]

  • (1819): Notice des monuments exposés dans le Cabinet des médailles et antiques de la Bibliothèque du roi, suivie d'une description des objets les plus curieux que renferme cet établissement, de notes historiques sur fondation, ses accroissements et d'un catalogue d'empreintes de pierres gravées. París. Ver texto en liña
  • (1829): Description des médailles antiques du cabinet de feu M. Allier de Hauteroche. París. Ver texto en liña
  • (1833): Éléments de numismatique, ou Introduction à la connaissance des médailles antiques, suivis de quelques détails sur la manière de supputer les monnaies anciennes et sur leur valeur. París. Ver texto en liña
  • (1838): Histoire du cabinet des médailles, antiques et pierres gravées, avec une notice sur la Bibliothèque royale, et une description des objets exposés dans cet établissement. París. Ver texto en liña

Teatro[editar | editar a fonte]

No teatro foi onde Dumersan se amosou máis prolífico, con polo menos 50 obras, de entre as que aquí se recollen algunhas das máis significativas:[9]

  • (1798): Arlequin perruquier, ou Les Têtes à la Titus.
  • (1813): Les Bêtes savantes. Vodevil. Con Emmanuel Théaulon e Armand Dartois. Ver texto en liña
  • (1813): Le Nécessaire et le Superflu. Vodevil. Con Armand d'Artois. Ver texto en liña
  • (1816): Les Deux Philiberte ou Sagesse et folie. Con Nicolas Brazier e Jean-Toussaint Merle.
  • (1821): Les Moissonneurs de la Beauce, ou le Soldat laboureur. Comedia. Ver texto en liña
  • (1825): Les Cochers. Vodevil. Ver texto en liña
  • (1825): La Chambre de Suzon. Comedia. Con Pierre-Frédéric-Adolphe Carmouche e Charles-Augustin de Bassompierre Sewrin. Ver texto en liña
  • (1826): Les Paysans, ou L'Ambition au village. Comedia. Con Nicolas Brazier e Mélesville. Ver texto en liña
  • (1826): L'Auvergnate, ou La Principale Locataire. Vodevil. Con Nicolas Brazier e Gabriel de Lurieu. Ver texto en liña
  • (1826): Les Écoliers en promenade. Comedia-vodevil. Con Nicolas Brazier e Gabriel de Lurieu. Ver texto en liña
  • (1826): Les Petites Biographies. Comedia-vodevil. Con Nicolas Brazier e Gabriel de Lurieu. Ver texto en liña
  • (1827): Les Passages et les Rues, ou La Guerre déclarée. Vodevil. Con Nicolas Brazier e Gabriel de Lurieu. Ver texto en liña
  • (1838): Les Saltimbanques. Comedia. Con Charles Voirin. Ver texto en liña
  • (1839): La Canaille. Comedia-vodevil. Con Dumanoir. Ver texto en liña

Cancións[editar | editar a fonte]

Primeira páxina de Chansons nationales et populaires de France, obra de Théophile Marion Dumersan
  • (1843-1844): Chants et chansons populaires de la France. Tomo I: 1843. Tomo II: 1843. Tomo III: 1844.
  • (1846): Chansons et rondes enfantines, recueillies et accompagnées de contes, notices, historiettes et dialogues, par Du Mersan, enrichies de la musique en regard par Gustave Jeane-Julien. Ver texto en liña
  • (1846): Chansons sentimentales et romances d'amour, avec notices historiques et littéraires (1846)
  • (1846): Chansons bachiques, grivoises et épicuriennes, avec notices historiques et littéraires (1846)
  • (1848): Chansons nationales et républicaines, de 1789 à 1848, avec des notices historiques (1848)
  • (1866): Chansons nationales et populaires de France, accompagnées de notes historiques et littéraires. Con Noël Ségur. 2 volumes. [Ver texto en liña: Volume I; Volume II

Outras[editar | editar a fonte]

  • (1822): Poésies diverses.
  • (1822): Le Soldat laboureur. Novela filosófica. 3 volumes.
  • (1825): L'Homme à deux têtes, histoire de Fernand-Carlos de Vargas. Novela. 2 volumes.
  • (1826): Manuel des coulisses, ou Guide de l'amateur. Léxico do teatro. Ver texto en liña
  • (1841): Histoire du théâtre de l'Odéon.
  • (1845): Mémoires de Mlle Flore, artiste du théâtre des Variétés. Novela. En colaboración. 3 volumes.[Ver texto en liña: Volume III.

Distincións[editar | editar a fonte]

Cabaleiro da Lexión de Honor (Decreto do 27 de abril de 1833), por proposta de François Guizot, ministro de Instrución Pública.[10]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ficha do Autor. Base de datos da Biblioteca Nacional de Francia.
  2. Ficha e árbore xenealóxica en Geneanet.
  3. Larousse, Pierre. Grand Dictionnaire universel du XIXe siècle. Vol. VI. 1870. Páxinas 1379-1380.
  4. Marion Dumersan, Théophile. Histoire du cabinet des médailles, antiques et pierres gravées, avec une notice sur la Bibliothèque royale, et une description des objets exposés dans cet établissement. París. 1838.
  5. "Dumersan (N.)". En Arnault, A. V. Biographie Nouvelle des Contemporains (...). Tomo VI. París, 1822. Páxinas 164-165.
  6. "Rue Raynouard". En Hillairet, Jacques. Dictionnaire historique des rues de Paris. Ed. Minuit. 7ª wd, 1963. Tomo 2. Páxina 324.
  7. "Dumersan, Théophile Marion (1780-1849)". En IdRef. Identifiants et Référentiels pour l'enseignement supérieur et la recherche.
  8. "Dumersan (Marion)". En Thieme, Hugo P. Guide bibliographique de la littérature française de 1800 à 1906. Ed. H. Welter, 1907. Páxinas 133-136.
  9. "Dumersan (Théophile Marion) 1780-1849". En www.théâtre-documentation.com
  10. Expediente de concesión da condecoración.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]