Tesouro de Seaton Down
Tesouro de Seaton Down | |
Tipo | 22 888 moedas e 3 lingotes |
Data | Século IV |
Cultura | Roma Antiga |
Características | |
Materiais | Ferro e aliaxe de cobre |
Descuberta | |
Localización | Seaton Down, Devon, Reino Unido |
Descubridor/a | Laurence Egerton |
Data | novembro de 2013 |
Conservación | |
Localización | Royal Albert Memorial Museum |
O tesouro de Seaton Down é un tesouro de 22.888 moedas romanas de cobre do século IV achado en 2013 nas proximidades de cerca de Seaton Down, en Devon, Inglaterra.
O achado
[editar | editar a fonte]O tesouro foi atopado en novembro de 2013 polo construtor Laurence Egerton, un afeccionado ás procuras con detector de metais,[1] quen, avisou inmediatamente o propietario dos terreos e co arqueólogo do Consello do Condado de Devon, Bill Horner, que organizou a escavación profesional.[2] En tanto que esta intervención non se producía, Egerton declarou que pasou tres noites durmindo no seu coche nas inmediacións para vixiar o achado.[3][4][5][6]
En palabras do propio Egerton:[2]
“ | Ao principio achei dúas moediñas do tamaño da uña dun polgar asentadas sobre a terra. Decidín remover a terra nese lugar e inmediatamente cheguei a uns lingotes de ferro que estaban colocados directamente encima das moedas. A seguinte pa estaba chea de moedas, esparexidas polo campo. Non tiña nin idea de ata onde chegaban as moedas, así que me detiven inmediatamente e chamei por miña muller para que viñese ao lugar cunha cámara. Entre o achado do tesouro e a escavación do depósito polos arqueólogos, durmín ao pé del no meu coche durante tres noites. | ” |
Logo de extraído por un equipo de arqueólogos, o tanto as moedas como os tres lingotes de ferro que as acompañaban, foron enviados ao Museo Británico, onde o seu Departamento de Moedas e Medallas fixo os labores de limpeza, clasificación e catalogación.[2][3]
Pola súa disposición, sábese que as moedas foron soterradas todas ao mesmo tempo e probablemente quedasen gardadas nun saco ou unha bolsa téxtil que se descompuxo co tempo. O peso total do tesouro é de 68 kg.[2][4]
Cabe sinalar que preto do lugar do depósito está a localización dun forte romano e unha probable vila en Honeyditches, construído entre os séculos II e III.[3][2][7][8]
Composición
[editar | editar a fonte]Este tesouro é, polo seu volume, un dos máis grandes xamais atopados de moedas do século IV en todo o territorio do Imperio Romano, e o terceiro achado monetario de Gran Bretaña.[2][3][4]
Todas as moedas foron cuñadas en aliaxe de cobre e datan do período abranguido entre os anos 260 e 348 d. C.[1] O tesouro está composto por 22.888 pezas, case todas elas nummi, emitidas polo emperador Constantino I (306-337 d. C.) e outros membros da súa familia, incluído o reinado conxunto de Constancio II e o seu irmán máis novo Constante (337-340),[3][4][6] este último o derradeiro emperador lexítimo que visitou a Britania.[2]
As moedas proceden de 17 cecas imperiais romanas diferentes, situadas en nove países actuais, e foron emitidas a nome de 25 autoridades diferentes, entre gobernantes, subgobernantes e membros da familia imperial.[4] Do estudo das súas datas de cuñaxe despréndese que o depósito debeu producirse cara ao ano 350 d. C.[4]
Conservación
[editar | editar a fonte]No informe anual de 2013 de Portable Antiquities Scheme, o tesouro foi rexistrado co número 1.000.000 dos rexistrados por esta institución.[2]
O tesouro foi exposto no Museo Británico o 25 de setembro de 2014.[5] O Royal Albert Memorial Museum, de Exeter, adquiriu as moedas en xullo de 2016,[3] e pasou a formar parte da súa exposición permanente, na sala Making History ("Facendo historia").[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Roman 20,000 coins hoard 'among largest'". En BBC News. 26 de setembro de 2014.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 Lewis, M. "Portable Antiquities Scheme records one millionth find". The Portable Antiquities Scheme.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 "Roman coin hoard, one of the largest found in UK, unearthed by builder". En The Guardian. 26 de setembro de 2014.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 "Local archaeology: Seaton Down Hoard Arquivado 21 de marzo de 2023 en Wayback Machine.". Royal Albert Memorial Museum (Rammuseum.org.uk).
- ↑ 5,0 5,1 Kelly, S. (2014). "Treasure hunter slept in his car to protect record-breaking Roman coin discovery". En Mirror. 26 de setembro de 2014.
- ↑ 6,0 6,1 Starck, J. (2014). "Roman coin find among largest hoards in Great Britain". En Coin World. 3 de outubro de 2014.
- ↑ "Roman and earlier settlement at Honeyditches". Historicengland.org.uk
- ↑ "Monument Number 449679". Historic England Research Records (Heritagegateway.org.uk).
- ↑ "Coin Hoard: Seaton Down being excavated". Portable Antiquities Schema.
- ↑ "Coin Hoard : Seaton Down (main clump)". Portable Antiquities Schema.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Bland, R. (2018). Coin Hoards and Hoarding in Roman Britain AD 43-c.498. British Numismatic Society / Spink. ISBN 9781907427794
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Vídeo: "The Seaton Down Hoard" (RAMMuseumExeter).
- Vídeo: "Treasures of the Museum: Seaton Down Hoard" (RAMMuseumExeter).