Tesouro de Binnington Carr

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 54°11′53.16″N 00°26′47.72″O / 54.1981000, -0.4465889

Tesouro de Binnington Carr

· Data do depósito: Ca. 75 d. C.

· Período ou cultura: Imperio Romano

· Lugar de aparición: Binnington Carr , Yorkshire Norte.

· Coordenadas: 54°11′53.16″N 00°26′47.72″O / 54.1981000, -0.4465889

· Data do achado: Ca. 1876

· Descubridor:

· Composición: 12 denarios e unha campá.

· Materiais: prata e aliaxe de cobre.

· Conservación: Museo de Yorkshire.

O tesoro de Binnington Carr é un tesouro de moedas romanas de prata que data de finais do século I d. C., composto por 12 denarios de prata e unha campá de aliaxe de cobre.[1]

Achado[editar | editar a fonte]

O tesouro apareceu no transcurso duns traballos agrícolas nunha leira en Binnington, preto de Willerby, Yorkshire Norte, cara ao ano 1876.[1]

Contido[editar | editar a fonte]

A ducia de moedas de prata que compoñen o tesouro son denarios romanos, un de Xulio César (49-44 a. C.), un de Nerón (54-68 d. C.), tres de Vitelio (68 d.C.) e sete de Vespasiano (69-79 d. C.).[1][2]

As moedas apareceron aloxadas no interior dunha campá de aliaxe de cobre.[3] Á campá faltáballe o badalo, e só quedaban restos do que fora unha grampa de fierro para a pendurar.[1]

Conservación[editar | editar a fonte]

O achado chegou a mans de George Edson cara a 1881, e logo foi adquirido polo cóengo J. R. Raine na venda levada a cabo por George Edson, en 1891.[1]

Posteriormente tanto as moedas como a campá pasaron ao Museo de Yorkshire, en York, de cuxa colección permanente forman parte.[1][3][4]

En 2014, o tesouro incluíuse nunha exposición en liña de Google Arts & Culture titulada Yorkshire Hoards.[5][6][7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 "Monument Number 64828". Historic England Research Records (Heritagegateway.org.uk).
  2. Eckardt, H.; Williams, S. (2018). "The Sound of Magic? Bells in Roman Britain". En Britannia. 49: 179-210.
  3. 3,0 3,1 "Binnington Carr Hoard: bell". York Museums Trust.
  4. "Binnington Carr Hoard: denarius". York Museums Trust.
  5. "Yorkshire Hoards". Google Arts & Culture.
  6. "Binnington Barr hoard bell". Google Arts & Culture.
  7. "Binnington Barr hoard denarius". Google Arts & Culture.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]