Atentados do 11 de marzo de 2004 en Madrid

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Atentados do 11 de marzo de 2004 en Madrid
Atentado 11M.jpg
Restos dun dos trenes, xunto á estación de Atocha.
LugarMadrid, España
Coordenadas40°24′24″N 3°41′21″O / 40.406683333333, -3.6892916666667Coordenadas: 40°24′24″N 3°41′21″O / 40.406683333333, -3.6892916666667
Branco(s)Civís
Data11 de marzo de 2004
07:36-07:40 horas (UTC+1:00)
Tipo de ataqueXihadista
Arma(s)Mochilas bomba con dinamita tipo Goma-2 ECO
Mortos193
Feridos2057[1]
Perpetrador(es)Célula terrorista de Al-Qaeda[2]
Homenaxe ás vítimas do 11-M na Estación de Atocha, Madrid.

Os Atentados do 11-M ou Atentados do 11M, coñecidos tamén como 11M, foron unha serie de ataques terroristas en catro trens da rede ferroviaria de Madrid levados a cabo por unha célula terrorista de tipo xihadista,[3][4] tal e como revelou a posterior investigación policial, sentenciou a Audiencia Nacional e reiterou o Tribunal Supremo.[5] Faleceron 193 persoas e arredor de dúas mil resultaron feridas.[1][6]

Entre as 07:36 e as 07:40 (CET) do 11 de marzo de 2004, en hora punta, producíronse dez explosións case de xeito simultáneo en catro trens de Madrid. Máis tarde, e logo dun intento de desactivación, a policía detonou de forma controlada dous artefactos que non chegaron a estoupar. Despois disto, desactivaron un terceiro que permitiría, debido ó seu contido, comezar as primeiras investigacións que conducirían á identificación dos autores.

Os atentados producíronse tres días antes das eleccións xerais de 2004. Os dous principais partidos políticos españois daquela —Partido Popular (PP) e Partido Socialista Obreiro Español (PSOE)— acusáronse mutuamente de agochar ou distorsionar información relativa ós atentados por razóns electorais.

Foi o segundo maior atentado cometido en Europa por detrás do atentado de Lockerbie de 1988. Este non foi o primeiro atentado de corte xihadista perpetrado en España: en 1985 produciuse o atentado do restaurante El Descanso, que causou 18 mortes.

Feitos[editar | editar a fonte]

Mapa dos atentados

Os ataques consistiron nunha serie de explosións que se produciron na mañá do día 11 de marzo, entre as 7:39 e as 7:42, tres días antes da celebración das eleccións lexislativas. En total 10 mochilas-bomba estouraron en catro trens de proximidade nas estacións de Atocha, El Pozo del Tío Raimundo, Santa Eugenia e nun tren que ía entrar na estación de Atocha. A policía atopou outras tres bombas que non chegaron a estoupar e que segundo o ministro do interior, Ángel Acebes, estaban pensadas para estoupar á chegada do auxilio.

As fontes oficiais identificaron, nun primeiro momento, a ETA como a organización autora da masacre, o que negaron as forzas próximas á organización terrorista e a propia ETA nun comunicado ao día seguinte, e xa de inmediato xurdiu a hipótese dunha organización terrorista islamista radical que se reforzou ao anunciar o ministro do interior o descubrimento dunha furgoneta con detonadores unha vídeo-casete con textos do Quoram, aínda así mantívose oficialmente a tese dun atentado de ETA, o que lle supuxo ao goberno fortes críticas nalgúns medios de comunicación e polas forzas políticas da oposición.

O 13 de marzo a policía detivo a sete sospeitosos relacionados coa venda dun teléfono móbil e unha tarxeta de prepago que se atopara na furgoneta no que se atoparan os detonadores e nos días seguintes arrestáronse a novos sospeitosos, moitos ligados a grupos islamistas radicais. O 3 de abril cando a policía pretendía arrestar a varios sospeitosos nun piso de Leganés, estes fixeron estoupar explosivos, matándose eles e un policía dos Grupos de Operacións Especiais (GEO).

O xuíz encargado do caso, Juan del Olmo, acusou o 19 de marzo a varios marroquís de complicidade nos atentados e as investigacións da policía dirixíronse cara as organizacións terroristas islámicas, en especial cara células vinculadas a Al-Qaida, organización que reivindicou os atentados na noite do día 11.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Documentos, El Mundo, 11 de abril de 2006. (en castelán)
  2. El País (en castelán)
  3. El Mundo (ed.). "Spanish Indictment on the investigation of 11 March" (en castelán). España. Consultado o 16 de febreiro de 2010. 
  4. O'Neill, Sean (15 de febreiro de 2007). The Times, ed. "Spain furious as US blocks access to Madrid bombing 'chief'". Londres, Reino Unido. Consultado o 16 de febreiro de 2010. The al-Qaeda leader who created, trained and directed the terrorist cell that carried out the Madrid train bombings has been held in a CIA "ghost prison" for more than a year. 
  5. Sección Segunda da Sala do Penal da Audiencia Nacional 2007, pp. 172 e 173.
  6. ZoomNews (in spanish). The 192nd victim (Laura Vega) died in 2014, after a decade in coma in a hospital of Madrid. She was the last hospitalized injured person.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]