Mario Alinei
Mario Alinei | |
---|---|
Nacemento | 10 de agosto de 1926 |
Lugar de nacemento | Turín |
Falecemento | 8 de agosto de 2018 |
Lugar de falecemento | Impruneta |
Nacionalidade | Italia e Reino de Italia |
Ocupación | lingüista e profesor universitario |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Mario Alinei, nado en Turín o 10 de agosto de 1926 e finado o 8 de agosto de 2018,[1] foi un lingüista italiano.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Catedrático da Universidade de Utrecht, antigo presidente do Atlas Linguarum Europae (UNESCO) e máis fundador dos Quaderni di semantica.
Alinei é un dos principais detractores xunto con Colin Renfrew do modelo "invasionista" do indoeuropeo, fronte o cal propuxo unha alternativa: a teoría da continuidade paleolítica. É ademais un especialista na lingua etrusca e defende a existencia dunha relación entre esta lingua e o maxiar de Hungría.
A teoría da continuidade paleolítica[editar | editar a fonte]
Mario Alinei ten apuntado unha serie de debilidades do modelo invasionista, especialmente a ausencia de probas arqueolóxicas determinantes[2][3], a dependencia ideolóxica[4] e o feito de que este modelo sería único no mundo. A partir desas feblezas, postulou, como o fixo tamén Renfrew[3], a súa invalidez e a necesidade de buscar unha explicación alternativa.
Controvertida en medios universitarios, a teoría da continuidade paleolítica, da que é o autor, suxire unha diferenciación lingüística entre as linguas de Europa non posterior, senón anterior ao Neolítico. Chega, inclusive, a pór en todo caso en dúbida, a importancia da familia de linguas indoeuropeas, declarando: « Máis importante é o feito que Renfrew ten mostrado, que os termos neolíticos comúns de numerosas linguas indoeuropeas poden ser considerados como vocábulos emprestados[2]. »
Suxire tamén que a diferenciación entre as linguas de Europa ocorreu no Mesolítico.
Obras publicadas[editar | editar a fonte]
- Dal totemismo al cristianesimo popolare: Sviluppi semantici nei dialetti italiani ed europei, Filologia, linguistica, semiologia, Edizioni dell'Orso, 1984
- Lingua e dialetti: Struttura, storia e geografia, Collana Studi linguistici e semiologici, editor Il Mulino, 1985
- Origini delle lingue d'Europa, Collezione di Testi e di Studi, I volume 1996, II volume 2000, editor Il Mulino
- Etrusco: una forma arcaica di ungherese, editor Il Mulino, 2003.
- Il sorriso della Gioconda, editor Il Mulino -2006.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Na marcha do Prof. Mario Alinei (1926-2018), IDG, acceso o 13 de agosto 2018.
- ↑ 2,0 2,1 ALINEI, M. 1997, « Toward an Invasionless Model of Indoeuropean Origins : The Continuity Theory », Papers from the EEA Third Annual Meeting at Ravenna 1997 - Vol. I Pre-and Protohistory – Editado por M. Pearce e M. Tosi, BAR International Series 717, pp. 31-33.
- ↑ 3,0 3,1 RENFREW, C. 1987, Archaeology and Language: The Puzzle of Indo-European Origins, Londres: Pimlico.
- ↑ DEMOULE, J-P. 1999, « Destin et usages des Indo-Européens », in Mauvais temps, n° 5, juillet 1999, Syllepse.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Site de la PCT : acceso a numerosos artigos de Alinei.
- [1] Aspectos da Teoría da Continuidade Paleolítica aplicada á área galega.