Saltar ao contido

Teo Abad

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaTeo Manuel Abad

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(gl) Manuel Abad Abad Editar o valor en Wikidata
15 de setembro de 1953 Editar o valor en Wikidata (71 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióndirector e realizador
Período de actividade1984 Editar o valor en Wikidata -

Páxina webmanuelabad.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0007588 BUSC: abad-manuel-1953 Editar o valor en Wikidata

Manuel Abad Abad, coñecido artisticamente como Teo Abad, nado na Coruña o 15 de setembro de 1953, é un director, realizador e fotógrafo galego de cine e televisión.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nos anos 70 formou parte dos grupos pioneiros do cine galego contemporáneo a través do equipo “Imaxe” en formatos Super 8 e 16 mm. Máis tarde participou na fundación da produtora audiovisual galega Espello Video Cine e, como fotógrafo, en grupos experimentais como "A Carón". Foi correspondente gráfico da primeira revista xornalística en galego, Teima, e seleccionado para o primeiro Anuario Fotográfico Español, editado pola mítica revista Nueva Lente.

Na década dos noventa formou parte da nova xeración de videocreadores, sendo seleccionada polo Museo de Arte Raíña Sofía para a primeira antoloxía de videocreación en España, "La imagen sublime" (1987), e despois (1993) para os seus "Españoles visionarios". Ten obra permanente no Centro Galego de Arte Contemporánea ("Prólogo").

Foi socio fundador tamén das compañías audiovisuais "Triax", "Zenit" (con Gestmusic Endemol) e "Formatting", ademais de creador de formatos para varias produtoras como "Comunicasom" (Lisboa), Video Voice, CTV, Pequeno hotel, Faro TV, Artiket, Pórtico de Pórtico de Comunicaciones... Tamén formou parte da primeira promoción que puxo en marcha a Televisión de Galicia, onde foi Xefe de Realización.

  1. Barrera, Feliciano, ed. (2002). "Abad Abad, Manuel". Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego. p. 9. ISBN 84-8064-113-4. 
  2. "Contraaluz". Consultado o 6 de maio de 2019. 
  3. "Nova: Estrea do documental A busca da mirada. 25 anos de cine galego | Cultura de Galicia". Consultado o 6 de maio de 2019. 
  4. "Sexo, entre o ceo e a terra :: CINE GALEGO". Consultado o 6 de maio de 2019. 
  5. "| Flores tristes / Flores tristes | AVG | AudioVisual Galego". Consultado o 6 de maio de 2019. 
  6. "Cómo acabar con «Luar» de una vez por todas". 16 de octubre de 2015. Consultado o 6 de maio de 2019. 
  7. "A mellor TV do mundo". Consultado o 6 de maio de 2019. 
  8. "| Hardo / Hardo | AVG | AudioVisual Galego". Consultado o 10 de maio de 2019. 
  9. "| 365 / 365 | AVG | AudioVisual Galego". Consultado o 10 de maio de 2019. 
  10. "| Prólogo / Prólogo | AVG | AudioVisual Galego". Consultado o 10 de maio de 2019. 
  11. "| O neno con pernas de pomba / O neno con pernas de pomba | AVG | AudioVisual Galego". Consultado o 6 de maio de 2019. 
  12. "| Denantes / Denantes | AVG | AudioVisual Galego". Consultado o 10 de maio de 2019. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]