IRAS
| IRAS / Infrared Astronomical Satellite | |
|---|---|
IRAS co resumo das súas exploracións en distintas lonxitudes de onda. | |
| Tipo | Científico |
| Organización | NASA / Países Baixos / Reino Unido |
| Destino actual | Fóra de servizo.[1] |
| Data de lanzamento | 26 de xaneiro de 1983, 2:17 GMT[1][2][3][4] |
| Foguete portador | Delta 3910[2][5] |
| Sitio de lanzamento | Base Vandenberg da Forza Aérea[2][6] |
| Obxectivo da misión | Observación astronómica no infravermello.[2][6] |
| NSSDC ID | 1983-004A |
| Masa | 1075,9 kg[5] |
| Datos orbitais | |
| Semieixo maior | 7271 km[1] |
| Inclinación | 99,0 graos[1] |
| Apoapse | 912,2 km[1] |
| Periapse | 888,2 km[1] |
IRAS (acrónimo de Infrared Astronomical Satellite) foi un observatorio espacial conxunto entre a NASA, os Países Baixos e o Reino Unido, lanzado o 26 de xaneiro de 1983 mediante un foguete Delta 3910 desde a Base Vandenberg da Forza Aérea.[2][5][6]
Características
[editar | editar a fonte]IRAS foi lanzado para facer un estudo completo do ceo no rango de lonxitudes de onda do infravermello entre os 8 e os 120 micrómetros. As observación de IRAS aumentaron nun 70% o catálogo de obxectos infravermellos coñecidos no ceo, chegando a detectar 350.000 fontes infravermellas.[1][2][5][6]
IRAS levaba a bordo un telescopio de tipo Ritchey-Chretien refrixerado por helio a unha temperatura de 10 K e que contiña 62 detectores que en conxunto podían observar en bandas centradas en 12, 25, 60 e 100 micrómetros e cunha precisión na localización dos obxectos observados de 0,5 minutos de arco. Tamén levaba un espectrómetro de baixa resolución e un fotómetro para as lonxitudes de onda de 60 e 100 micrómetros.[2][5]
IRAS deixou de funcionar o 21 de novembro de 1983.[2][5]
Os seus datos fixeron posible a descuberta de Faetón.
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 3 4 5 6 7 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "IRAS" (en inglés). Consultado o 30 de abril de 2013.
- 1 2 3 4 5 6 7 8 NASA (27 de marzo de 2013). "IRAS" (en inglés). Consultado o 30 de abril de 2013.
- ↑ "Note verbale dated 25 April 1983 from the Representative of the United States of America to the United Nations addressed to the Secretary-General" (PDF) (83-11557). 10 de maio de 1983: 2. Consultado o 30 de abril de 2013.
- ↑ Claude Lafleur (2010). "IRAS" (en inglés). Consultado o 30 de abril de 2013.
- 1 2 3 4 5 6 Gunter Dirk Krebs (2013). Gunter's Space Page, ed. "IRAS" (en inglés). Consultado o 30 de abril de 2013.
- 1 2 3 4 Mark Wade (2011). "IRAS" (en inglés). Consultado o 30 de abril de 2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: IRAS |