Teemu Sippo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Teemu Jyrki Juhani Sippo
Teemu Sippo.jpg
Bispo da Igrexa Católica Latina
Biografía
Nacemento20 de maio de 1947 en Lahti
Ordes
Ordenación sacerdotal28 de maio de 1977
Consagración episcopal5 de setembro de 2009, por Karl Lehmann
Bispo de Helsinqui
2009 - actualidade
PredecesorJózef Wróbel
Outros
Coat of arms of Teemu Sippo.svg
Escudo de Teemu Jyrki Juhani Sippo
Christus fons vitæ

Teemu Jyrki Juhani Sippo, nado o 20 de maio de 1947 en Lahti (Finlandia), é un bispo católico latino de Finlandia, actual bispo de Helsinqui dende 2009.

Biografia[editar | editar a fonte]

Monseñor Sippo naceu en 1947 nunha familia luterana, na vila finlandesa de Lahti. En 1966 converteuse ao catolicismo, e o 11 de outubro de 1970 profesou os votos solemnes na congregación dos Sacerdotes do Sagrado Corazón de Xesús. O 28 de maio de 1977 foi ordenado sacerdote.

O 16 de xuño de 2009 o papa Bieito XVI nomeouno bispo de Helsinqui, recibindo a consagración episcopal o 5 de setembro de 2009 do cardeal Karl Lehmann. É o primeiro bispo católico finlandés dende a morte de Arvid Kurck (1522), antes da reforma protestante.[1]

O 19 de marzo de 2016 fundou a parroquia de San Xosé de Kuopio,[2] nun templo anteriormente propiedade da Igrexa luterana evanxélica de Finlandia; Kuopio é a sé do arcebispo de Carelia, e as relacións entre as comunidades católica e ortodoxa son boas: os católicos celebraban misa unha vez ao mes nun espazo cedido polo arcebispo Leo Makkonen.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "First Finnish Catholic Bishop in Five Centuries Ordained". Yle Uutiset (en inglés). 5 de setembro de 2009. 
  2. "Finland gets 8th Catholic Parish". Katolinen.net (en inglés). 20 de marzo de 2016. 
  3. Carosa, Alberto (3 de febreiro de 2014). "Bp. Sippo confirms new Catholic church opening in May in Kuopio, in Eastern Finland". The Catholic World Report (en inglés). 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]