Józef Wróbel
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2015.) |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 18 de outubro de 1952 Bestwina, Polonia |
| Bispo auxiliar | |
| 28 de xuño de 2008 – Diocese: Arquidiocese de Lublin (pt) | |
| Bispo titular | |
| 28 de xuño de 2008 – Diocese: Suas (en) | |
| Bispo Católico de Helsinque (pt) | |
| 30 de novembro de 2000 – 28 de xuño de 2008 ← Paul Verschuren – Teemu Sippo → Diocese: Diocese católica latina de Helsinqui | |
| Datos persoais | |
| Relixión | Igrexa católica |
| Educación | Universidade Católica de Lublin |
| Actividade | |
| Ocupación | bispo católico (2001–), sacerdote católico (1980–) |
| Empregador | Universidade Católica de Lublin |
| Orde relixiosa | Sacerdotes do Sagrado Corazón de Xesús |
| Consagración | Edward Idris Cassidy (pt) |
Józef Wróbel, nado o 18 de outubro de 1952 en Bestwina (Polonia), é un bispo católico latino, bispo de Helsinqui entre 2000 e 2008, e dende entón bispo auxiliar de Lublin.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]O 28 de decembro de 1974 profesou os votos solemnes na congregación dos Sacerdotes do Sagrado Corazón de Xesús. O 12 de xuño de 1980 foi ordenado sacerdote polo arcebispo de Cracovia Franciszek Macharski.
O 30 de novembro de 2000 o papa Xoán Paulo II nomeouno bispo de Helsinqui, recibindo a consagración episcopal o 27 de xaneiro de 2001 de mans do cardeal Edward Cassidy.
O 28 de xuño de 2008 foi nomeado bispo auxiliar de Lublin e bispo titular de Suas. En 2009 participou na consagración do seu sucesor en Helsinqui, Teemu Sippo, primeiro bispo católico finlandés dende a reforma protestante.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Nados en 1952
- Nados no condado de Bielsko
- Bispos católicos de Finlandia
- Bispos católicos de Polonia
- Bispos da Igrexa católica latina
- Dehonianos
- Relixiosos católicos de Polonia
- Alumnos da Universidade Politécnica de Łódź
- Alumnos da Pontificia Universidade Lateranense
- Alumnos da Universidade de Friburgo
- Alumnos da Universidade Católica de Lublin
- Profesores da Universidade Católica de Lublin
- Bispos católicos do século XXI