Ted Cassidy
Ted Cassidy | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Theodore Crawford Cassidy |
Nacemento | 31 de xullo de 1932 |
Lugar | Pittsburgh, Pensilvania |
Falecemento | 16 de xaneiro de 1979 |
Lugar | Os Ánxeles |
Causa | doenza cardiovascular |
Nacionalidade | Estados Unidos de América |
Educado en | Stetson University |
Profesión | actor, baloncestista, actor de televisión, actor de cinema, actor de dobraxe e guionista |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Theodore Crawford Cassidy, máis coñecido por Ted Cassidy, nado en Pittsburgh (Pensilvania) o 31 de xullo de 1932 e finado nos Ánxeles o 16 de xaneiro de 1979, foi un actor estadounidense.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Persoa moi alta, de 2 metros e 6 centímetros, normalmente interpretaba personaxes pouco correntes en series de ficción científica ou fantásticas como Star Trek e I Dream of Jeannie, sobre todo é coñecido pola interpretación de Lurch, o mordomo, na serie de televisión da década de 1960 The Addams Family e por realizar a narración de apertura da serie da década de 1970 The Incredible Hulk (serie de televisión). Tamén prestou a súa voz para series de animación como The New Adventures of Huckleberry Finn e Fantastic Four. No cinema participou en Butch Cassidy and the Sundance Kid ou en Mackenna's Gold.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ted Cassidy ![]() |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Ted Cassidy na IMDb (en inglés).
![]() |
Este artigo sobre cine é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |