Taxodium
Taxodium Rango fósil: Cetáceo tardío - Actual | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Bosque de Taxodium distichum nun lago do centro de Mississippi | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||
Taxodium [2] é un xénero de árbores que comprende dunha a tres especies (dependeno da opinión taxonómica) de coníferas extremadamente tolerantes aos asolagamentos da familia dos alciprestes, Cupressaceae. O nome do xénero deriva da palabra latina taxus, que significaba 'teixo', e da palabra grega εἶδος (eidos), que significa 'similar a'.[3] Dentro da familia, Taxodium está máis estreitamente relacionado cos alciprestes asiáticos Glyptostrobus pensilis e Cryptomeria japonica.
As especies de Taxodium viven na parte sur de Norteamérica e son de folla caduca no norte e de semiperennes a perennes no sur. Son árbores grandes, que chegan a medrar entre 30 e 46 m de altura e de 2 a 3 m de diámetro do tronco (excepcionalmente 11 m). As follas aciculares, de 2 a 3 cm de longo, crecen en disposición espiral no talo, retortas na base, de modo que aparecen en dúas ringleiras planas a cada lado do talo. Os conos son globosos, de 2 a 3,5 cm de diámetro, con de 10 a 25 escamas, cada escama leva unha ou dúas sementes; maduran de 7 a 9 meses despois da polinización, cando se desintegran para liberar as sementes. Os conos masculinos (con pole) orixínanse nun acio penduloso, e soltan o pole en cada primavera. Os Taxodium teñen pneumatóforos, raíces que crecen en e ao a carón da auga, que son proxeccións leñosas que crecen por riba da superficie da auga que se cre serven para transportar oxíxeno ao sistema radicular.
Especies
[editar | editar a fonte]Os tres taxons existentes de Taxodium son tratados como especies distintas, aínda que algúns botánicos as tratan como unha soa especie, considerando as outras como variedades da primeira que foi descrita. As tres son distintas en ecoloxía, crecen en diferentes ambientes, pero poden hibridarse.
- Taxodium ascendens Brongn. Aparece nas mesma áreas do Taxodium distichum, pero só na chaira costeira do sur desde Carolina do Norte a Luisiana. Aparece nos ríos lentos de augas negras, lagoas e pantanos sen depósitos alviais ricos en limo.
- Taxodium distichum (L.) Rich. É nativo de gran parte do sur dos Estados Unidos, de Delaware a Texas, especialmente en Luisiana e ascendendo pola cunca do río Mississippi ata o sur de Indiana. Ocorre principalmente ao longo de ríos con moitos depósitos de limo.
- Taxodium mucronatum Ten. Aparece desde a parte inferior do Val do río Grande ata polo sur as terras altas de Guatemala, e diferénciase das outras especies e ser practicametne perenne. Un espécime en Santa María del Tule, Oaxaca, chamada o Árbol del Tule, ten 43 m de alto e ten o maior grosor de tronco das tres especies, 11,42 m de diámetro. É unha árbore da ribeira dos ríos, que aparece a carón de ríos e regatos, pero non en pantanos como as outras dúas especies.
- †Taxodium dubium (Sternb.) Heer
Anteriormente neste xénero
[editar | editar a fonte]- Glyptostrobus pensilis (Staunton ex D.Don) K.Koch (co nome T. japonicum var. heterophyllum Brongn.)
- Sequoia sempervirens (D.Don) Endl. (co nome T. sempervirens D.Don)[4]
Usos
[editar | editar a fonte]As árbores son especialmente prezadas pola súa madeira, xa que a súa cerna é extremadamente resistente ás térmites e a apodrecer. A cerna contén un sesquiterpeno chamado cipreseno,[5] que actúa como un conservante natural. O cipreseno tarda décadas en acumularse na madeira, polo que a madeira obtida das árbores vellas de bosques primarios é a máis resistente a apodrecer.[6] Porén, a idade da árbore tamén incrementa a susceptibilidade ao fungo Stereum taxodii, que ataca a cerna e causa que algunhas árbores danadas queden ocas e sexan inútiles para obter madeira. A madeira do T. distichum era máis utilizada anteriormente que agora no sur dos Estados Unidos para construír tellados de madeira.[7] A codia descamada destas árbores utilízase como humus.
Evolución
[editar | editar a fonte]Na historia da Terra Taxodium estaba moito máis estendido no hemisferio norte do que hoxe. Os fósiles máis vellos encontráronse en depósitos do Cretáceo tardío de Norteamérica. As árbores persistiron en Europa ata hai uns 2,5 millóns de anos, durante o Plioceno.[8]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Cupressaceae Rich. ex Bartling 1830". The Gymnosperm Database. Consultado o 2009-10-14.
- ↑ Sunset Western Garden Boosk, 1995:606–607
- ↑ Everett, Thomas H. (1982). The New York Botanical Garden Illustrated Encyclopedia of Horticulture 10. Taylor & Francis. p. 3299. ISBN 978-0-8240-7240-7.
- ↑ "GRIN Species Records of Taxodium". Germplasm Resources Information Network. United States Department of Agriculture. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 2010-11-30.
- ↑ Buchanan, M. A. (1965-10-07). "The Fatty Materials in Southern Cypress Wood" (PDF). Institute of Paper Chemistry: 3. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 18 de xullo de 2011. Consultado o 04 de agosto de 2017.
- ↑ Sternberg, Guy; James Wesley Wilson (2004). Native trees for North American landscapes: from the Atlantic to the Rockies. Timber Press. p. 476. ISBN 978-0-88192-607-1.
- ↑ Toliver, L. P.; Wilhite, J. R. (1990). "Taxodium distichum". In Burns, Russell M.; Honkala, Barbara H. Conifers. Silvics of North America. Washington, D.C.: United States Forest Service (USFS), United States Department of Agriculture (USDA). 1. Retrieved 2009-10-11 – via Northeastern Area State and Private Forestry (www.na.fs.fed.us).
- ↑ Eckenwalder, James E. Conifers of the World. Timber Press. p. 591. ISBN 978-0-88192-974-4.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Taxodium |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Taxodium |