Tatyana Alexeyevna Afanasyeva

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tatyana Alexeyevna Afanasyeva
Datos persoais
Nome completoТатьяна Алексеевна Афанасьева
Nacemento19 de novembro de 1876
LugarKíiv
Falecemento14 de abril de 1964
LugarLeiden
NacionalidadeRusa e neerlandesa
CónxuxePaul Ehrenfest
FillosTatjana Pavlovna Ehrenfest e Galinka Ehrenfest
Actividade
CampoMatemática
Alma máterUniversidade de Gotinga e Universidade Estatal de San Petersburgo
editar datos en Wikidata ]

Tatyana Alexeyevna Afanasyeva (en ruso Татьяна Алексеевна Афанасьева) nada en Kíiv o 19 de novembro de 1876 e finada en Leiden o 14 de abril de 1964, foi unha matemática de orixe rusa.


Traxectoria[editar | editar a fonte]

Logo da morte do seu pai, criouse cun tío en San Petersburgo, onde recibiu unha educación en escolas separadas por sexos, trasladándose á Universidade de Göttingen en 1902, onde coñece a Ehrenfest. Casaría con el en 1904 e en 1907 retornaría a San Petersburgo. En 1912 mudouse a Leiden, onde o seu home fora escolleito para suceder a H.A. Lorentz como profesor na Universidade de Leiden.

Tatyana colaborou á par co seu marido, como pode ser na revisión da mecánica estatística de Boltzmann[1]. Publicou moitos documentos de varios temas como a probabilidade[2] ou a entropía[3]. Tamén lle ensinaba xeometría a rapaces.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou o 21 de decembro de 1904 co físico e matemático austríaco Paul Ehrenfest (1880-1933), con quen tivo dúas fillas e dous fillos. Súa filla Tatyana Pavlovna Ehrenfest tamén se convertería en matemática.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. P. Ehrenfest & T. Ehrenfest (1911) Begriffliche Grundlagen der statistischen Auffassung in der Mechanik, in: Enzyklopädie der mathematischen Wissenschaften mit Einschluß ihrer Anwendungen. Band IV, 2. Teil ( F. Klein and C. Müller (eds.). Leipzig: Teubner, pp. 3–90. Translated as The conceptual Foundations of the Statistical Approach in Mechanics. New York: Cornell University Press, 1959. ISBN 0-486-49504-3
  2. T. Ehrenfest-Afanassjewa, On the Use of the Notion "Probability" in Physics Am. J. Phys. 26: 388 (1958) Arquivado 30 de decembro de 2004 en Wayback Machine.
  3. T. Ehrenfest-Afanassjewa, Die Grundlagen der Thermodynamik (Leiden 1956)