Tatsuya Nakadai
Tatsuya Nakadai | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 13 de decembro de 1932 |
Lugar de nacemento | Toquio |
Nacionalidade | Xapón |
Ocupación | actor, seiyū e cantante |
Cónxuxe | Yasuko Miyazaki |
Premios | Medalha de Honra da Fita Roxa, Pessoa de Mérito Cultural, Orden da Cultura, Asahi Prize, Elan d'or Award for Newcomer of the Year, Blue Ribbon Awards for Best Actor, Blue Ribbon Awards for Best Actor, Golden Arrow Award e Mainichi Film Award for Best Actor |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Tatsuya Nakadai (仲代 達矢), nado como Motohisa Nakadai en Toquio o 13 de decembro de 1932, é un actor xaponés coñecido pola ampla variedade de personaxes que interpretou e as súas moitas colaboracións con célebres directores de cinema xaponeses.[1] Apareceu en once filmes dirixidos por Masaki Kobayashi e en cinco de Akira Kurosawa, ademais de filmes de Hiroshi Teshigahara, Mikio Naruse, Kihachi Okamoto, Hideo Gosha, Shirō Toyoda e Kon Ichikawa.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Nakadai naceu nunha familia moi pobre e non puido permitirse unha educación universitaria, dando pé a que pasase á actuación. Admiraba os filmes estadounidenses e era fan de actores como John Wayne e Marlon Brando. Tamén gustaba dos musicais de Broadway, e viaxaba unha vez ao ano en Nova York para velos. Nakadai traballaba como dependente en Toquio antes de coñecer casualmente o director Masaki Kobayashi que o contratou para o filme Kabe atsuki heya. O ano seguinte fixo unha breve aparición sen acreditar en Os sete samurais, de Akira Kurosawa, onde se ve uns segundos como un samurai que camiña pola aldea.[2] O papel de Nakadai neste filme foi tecnicamente o seu debut, xa que o filme de Kobayashi se atrasou tres anos debido a un tema controvertido. O seu papel revelación como actor chegou cando interpretou a Jo, un yakuza, en Kuroi kawa, tamén de Kobayashi. Nakadai continuou a traballar con este director na década de 1960, gañando o seu primeiro Blue Ribbon por Seppuku (o seu filme favorito) como o rōnin que vai envellecendo Hanshiro Tsugumo.
Nakadai apareceu noutros dous filmes de Kurosawa na década de 1980. En Kagemusha Nakadai interpreta tanto o ladrón do título convertido en dobre de corpo como o famoso daimyō Takeda Shingen por quen o ladrón se ten que facer pasar. Este papel duplo valeulle o seu segundo Blue Ribbon ao mellor actor. En Ran Nakadai interpretou outro daimyō, Hidetora Ichimonji (baseado no rei Lear, de Shakespeare, e inspirado no daimyō histórico Mōri Motonari).
Deu clases e preparou a actores novos como Kōji Yakusho, Mayumi Wakamura, Tōru Masuoka, Azusa Watanabe e Kenichi Takitō entre outros.[3]
En 2015, recibiu a Orde da Cultura.[4][5]
Filmografía[editar | editar a fonte]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Tatsuya Nakadai". The New York Times. Arquivado dende o orixinal o 08 de outubro de 2013. Consultado o 13 de decembro de 2020.
- ↑ Stephens, Chuck. "The Eighth Samurai: Tatsuya Nakadai". Current. Consultado o 2013-10-10.
- ↑ "無名塾公演「おれたちは天使じゃない」 @ウェスタ川越 大ホール". ARK. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 15 de setembro de 2015.
- ↑ "Two Nobel scientists to receive Order of Culture award". The Japan Times. 2015.
- ↑ Lifetime Achievemente Honor
- ↑ Galbraith IV, Stuart (16 de maio de 2008). The Toho Studios Story: A History and Complete Filmography. Scarecrow Press. p. 227. ISBN 978-1-4616-7374-3.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- The Eighth Samurai: Tatsuya Nakadai en Wayback Machine (archived 13 de decembro de 2007) por Chuck Stephens
- Criterion
- Toho
- AMCArquivado 05 de xuño de 2020 en Wayback Machine.