Tampere Jazz Happening

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tampere Jazz Happening
O batería de King Crimson Pat Mastelotto no Tampere Jazz Happening de 2005.
Localización Tampere, Finlandia
Anos 1982–presente
Nº edicións
Fundadores
Data
Xénero Jazz
Organizador
Web oficial tamperejazz.fi
Na rede

O Tampere Jazz Happening é un festival de jazz que se celebra cada ano dende 1982 na cidade de Tampere, Finlandia. Dende 1990 está producido por Tampereen musiikkijuhlat (en galego "Festivais Musicais de Tampere"). Durante o festival escóitanse tanto figuras destacadas do jazz moderno internacional como talentos emerxentes do jazz finlandés. Entre as súas sedes inclúense Klubi e Telakka, no Centro Cultural Tullikamari. Amais da música, o festival tamén inclúe proxeccións de cine sobre jazz, obradoiros e arte.[1]

En 2017 o festival foi galardoado polo Europe Jazz Networkin co Premio EJN Award for Adventurous Programming polo deseño dun programa musical visionario e atractivo para a audiencia.[2]

Ao longo da súa historia exerceron como directores executivos e planificadores de programa para o evento:[3]

  • Aila Sauramo 1984–1998
  • Annamaija Saarela 1999–2002
  • Juhamatti Kauppinen (planificador de programas) dende 2002

Polo escenario do Tampere Jazz Happening teñen pasado figuras como Don Cherry (1992),[4] Ornette Coleman (1995),[5] Cecil Taylor (1998),[6] Sam Rivers (2001),[7] Tony Allen (2008, 2017)[8][9] e Ginger Baker (2015).[10]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "INFO" (en inglés). tamperejazz.fi. Consultado o 25 de marzo de 2021. 
  2. "Tampere Jazz Happeningille arvostettu EJN-palkinto parhaasta jazzfestivaalin ohjelmasuunnittelusta" (en finés). Cidade de Tampere. 25 de abril de 2017. Consultado o 25 de marzo de 2021. 
  3. Uusitorppa, Harri (4 de novembro de 2011). "Saksofonisti eläytyy balladilaulajaksi". Helsingin Sanomat (en finés). Consultado o 25 de marzo de 2021. 
  4. "1992. Tampere Jazz Happening Historia" (en finés). Tampere Jazz Happening. Consultado o 25 de marzo de 2021. 
  5. "1995. Tampere Jazz Happening Historia" (en finés). Tampere Jazz Happening. Consultado o 25 de marzo de 2021. 
  6. "1998. Tampere Jazz Happening Historia" (en finés). Tampere Jazz Happening. Consultado o 25 de marzo de 2021. 
  7. "2001. Tampere Jazz Happening Historia" (en finés). Tampere Jazz Happening. Consultado o 25 de marzo de 2021. 
  8. "2008. Tampere Jazz Happening Historia" (en finés). Tampere Jazz Happening. Consultado o 25 de marzo de 2021. 
  9. "2017. Tampere Jazz Happening Historia" (en finés). Tampere Jazz Happening. Consultado o 25 de marzo de 2021. 
  10. "2015. Tampere Jazz Happening Historia" (en finés). Tampere Jazz Happening. Consultado o 25 de marzo de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]