Tamaz Gamkrelidze
Tamaz Gamkrelidze | |
---|---|
Nome completo | თამაზ გამყრელიძე |
Nacemento | 23 de outubro de 1929 |
Lugar de nacemento | Kutaisi |
Falecemento | 10 de febreiro de 2021 |
Nacionalidade | Unión Soviética e Xeorxia |
Alma máter | Universidade Estatal de Tbilisi |
Ocupación | lingüista, profesor universitario, político e Hititologia |
Irmáns | Revaz Gamkrelidze |
Premios | Premio Lenin, Orde da Amizade dos Pobos, Honoured Scientists of the Georgian SSR e Javakhishvili Award |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Tamaz V. Gamkrelidze[1] (en alfabeto xeorxiano თამაზ გამყრელიძე), nado en Kutaisi o 23 de outubro de 1929, é un lingüista, orientalista e hititólogo xeorxiano.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Tamaz Gamkrelidze graduouse na Facultade de Estudos Orientais da Universidade Estatal de Tbilisi (TSU) en 1952. Doutorouse en 1963. Desde 1964 Gamkrelidze é profesor da dita universidade, e desde 1966 catedrático de Lingüística estrutural e aplicada. Entre 1973 e 2006 foi o director do Instituto Tsereteli de Estudos Orientais (Tbilisi).
É autor de obras importantes no eido da indoeuropeística, lingüística, lingüística histórica, lingüística teórica e aplicada e kartveloloxía. É un dos principais valedores da teoría glotálica no campo do consonantismo indoeuropeo.
Desde 1974 é académico da Academia Xeorxiana das Ciencias, institución que dirixe desde febreiro de 2005. Entre 1988 e 1995 editou o Xornal da Academia rusa das Ciencias "Voprosi Yazikoznanya". É membro de diversas academias científicas internacionais. Doutor honoris causa da Universidade de Bonn (Alemaña) e da de Chicago. Desde 1992 ata 2005 Gamkrelidze foi membro do Parlamento de Xeorxia.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Tamén aparece como Thomas V. Gamkrelidze ou Gamqrelidze
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- "The Akkado-Hittite syllabary and the problem of the origin of the Hittite script", Archiv Orientalni (vol. 29). 1960.
- Anatolian languages and the problem of Indo-European migration to Asia Minor, Studies in General and Oriental Linguistics. Toquio, 1970.
- Alphabetic writing and the old Georgian script. Nova York, Caravan Books, 1994.
- con V. Vs. Ivanov: "Indo-european language and Indoeuropeans" (vols. I-II). Berlín / Nova York, 1994-1995.