Este artigo amosa letras xeorxianas. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.
As linguas kartvelianas[1] (en xeorxiano:ქართველური ენები), tamén coñecidas como linguas ibéricas[2] e antigamente[3]linguas caucásicas meridionais,[4] son unha familia lingüística do Cáucaso falada principalmente en Xeorxia, con grandes grupos de falantes en Rusia, Irán, os Estados Unidos de América, a Unión Europea, Israel,[5] e as zonas nororientais de Turquía.[6] Hai uns 5,2 millóns de falantes de linguas kartvelianas en todo o mundo.
Son coñecidas por non estar relacionadas con ningunha outra lingua do mundo, sendo unha das familias de linguas principais.[7] A primeira fonte literaria nunha lingua kartveliana son as inscricións de Bir El Qutt en lingua xeorxiana, escritas na antiga escritura Asomtavruli nun mosteiro xeorxiano preto de Belén,[8] que data do ano 430.[9]
Boeder, W. (2002). Speech and thought representation in the Kartvelian (South Caucasian) languages. In: Güldemann, T., von Roncador, M. (Eds.), Reported Discourse. A Meeting-Ground of Different Linguistic Domains. Typological Studies in Language, vol. 52. Amsterdam/Philadelphia: Benjamins, pp. 3–48.
Boeder, W. (2005). "The South Caucasian languages", Lingua, Vol. 115, Iss. 1-2 (Jan.-Feb.), Pages 5-89