Taliabu
| Tipo | illa | |||
|---|---|---|---|---|
| Parte de | Illas Sula | |||
| Localización | ||||
| División administrativa | Taliabu, Indonesia e Illas Sula, Indonesia | |||
| ||||
| Bañado por | Mar das Molucas | |||
| Características | ||||
| Superficie | 2.913 km² | |||
Taliabu é a maior illa (2.913 km²) e máis occidental das Illas Sula, que á súa vez forma parte das illas Molucas en Indonesia. Atópase ao oeste das illas Mangole e Sanana.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Taliabu atópase ao leste de Sulawesi, está separada da veciña illa de Mangole, polo Estreito de Capalulu. O punto máis alto está en Taliabus 1.157 m, o litoral da illa ten unha lonxitude de 410´5 quilómetros. Taliabu é montañosa e boscosa, e escasamente poboada. A cidade principal é Lekitobi no suroeste da illa.
Historia
[editar | editar a fonte]Taliabu orixinalmente pertencía a sultán de Ternate. En 1683 converteuse en colonia dos Países Baixos. Logo da segunda guerra mundial en 1949 pasou a pertencer á agora independente Indonesia. Ao principio era parte da provincia de Molucas, desde 1999 pertence á provincia de Maluku Utara.
Poboación
[editar | editar a fonte]A poboación de Taliabu probablemente é orixinaria da rexión oriental de Sulawesi, son similares étnica e culturalmente aos pobos de Buru e Ceram, a maioría é de ascendencia malaio-polinesia. Mentres que no pasado dominaban principalmente as crenzas indíxenas, hoxe en día o islam é a relixión predominante en Taliabu.
| A Galipedia ten un portal sobre: Indonesia |

