Ceram

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ceram
Localización da illa
Illas de ceram e Ambon
Situación
País Indonesia
ArquipélagoIllas Molucas
MarOcéano Pacífico
Coordenadas3°08′S 129°30′L / -3.133, -129.500
Xeografía
Superficie17.100 km²
Longura máxima320 km.
Largura máxima70 km.
Punto máis alto3.019 m. Binaiya
Demografía
CapitalMasohi
Poboación218.993 hab. (2003)
Densidade25´4 hab./km²

Ceram ou Seram (tamén chamada Seran ou Serang) é unha illa indonesia pertencente ao arquipélago das Molucas. Cunha extensión de 17,100 km², a súa máxima altura posúea o Monte Binaya, de 3.019 metros. A poboación e porto principal da illa é Masohi.

Como o resto das pertencentes ás Molucas, esta illa pertence ao área da Liña de Wallace, de grande interese científico pola súa rica biodiversidade situada entre o Sueste asiático e Oceanía.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Ceram, está atravesada por unha cordilleira central, cuxo punto máis alto é o Monte Binaiya, está cuberta de densas selvas. A súa xeoloxía é moi complexa debido á súa localización na reunión de varias microplacas tectónicas, que foi descrito como "unha das zonas máis tectónicamente complexos na Terra".

Historia[editar | editar a fonte]

A maioría dos habitantes das Molucas consideran Ceram, como o seu ancestral fogar de orixe e aínda é coñecida coloquialmente como Nusa Ina (Illa Nai). Nos séculos XV e XVI, Ceram caeu dentro da esfera de influencia de Ternate, aínda que era máis directamente vasalo de Buru. Os misioneiros portugueses chegaron alí no século XVI. Ao comezo do século XVII abríronse factorías neerlandesas, e a illa quedou baixo o control neerlandés desde 1650. Na década de 1780, Ceram proporcionou unha base de apoio clave para o príncipe Nuku de Tidore na longa rebelión contra o goberno neerlandés.

Administración[editar | editar a fonte]

Ceram, inclúe dúas rexencias dentro da provincia de Maluku. Ceram Oeste (Kabupaten Seram Bagian Barat), con capital en Dataran Hunipopu, que tiña unha poboación en 2003 de 140.657 hab. e Ceram Leste (Kabupaten Seram Bagian Timur), con capital en Dataran Hunimoa, que tiña unha poboación en 2003 de 78.336 habitantes.

Economía[editar | editar a fonte]

Copra, resinas, sagú e peixe son as súas producións máis importantes. Tamén explótase petróleo no nordés, preto de Bula.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]