Sanana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sanana
Pulau Sanana
Sula Islands Topography.png
Sula Islands Topography.png
Mapa da illa
Situación
País Flag of Indonesia.svg Indonesia
Arquipélago Molucas
Mar Océano Pacífico
Coordenadas 2°12′00″S 125°55′00″L / -2.20000, -125.91667Coordenadas: 2°12′00″S 125°55′00″L / -2.20000, -125.91667
Xeografía
Superficie 558 km²
Punto máis alto 695 m.
Demografía
Capital Sanana
Poboación 20.000 hab.

Illa Sanana (en indonesio: Pulau Sanana, anteriormente chamada xulla Besi[1]) é unha illa, parte do grupo das illas Sula, que á súa vez forma parte das illas Molucas en Indonesia.

Sanana atópase nas coordenadas xeográficas 02°12′00″S 125°55′0″O / -2.20000, -125.91667, ao sur da illa Mangole. A superficie da illa é de 558 km². As outras illas máis grandes das Sula son Taliabu e Mangole.

O aeroporto de Sanana[2] está unido a Ternate e Ambón pola compañía Trigana Air Service.[3]

Como era común nas Molucas nese momento, Sanana sufriu graves tensións étnico-relixiosas entre musulmáns e cristiáns durante o ano 1999.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Goodall, George (Editor)(1943) Philips' International Atlas London, George Philip and Son map 'East Indies' pp.91-92
  2. http://www.world-airport-codes.com/indonesia/sanana-6591.html
  3. "Trigana". Consultado o 24 de outubro de 2010. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]