Tahuata

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tahuata
Tahuata Nasa.jpg
Localización
Localización
Situación
País Francia
Arquipélago Illas Marquesas
Mar Océano Pacífico
Coordenadas 9°56′S 139°6′O / -9.933, -139.100
Xeografía
Superficie 61 km²
Punto máis alto 1.050 m. Amatea
Demografía
Capital Vaitahu
Poboación 703 (2012)

Tahuata é a illa máis pequena das habitadas das Marquesas, na Polinesia Francesa, un territorio de ultramar francés no Océano Pacífico. Está situada no grupo sur do arquipélago, a 4 km. ao sur do extremo occidental de Hiva Oa, a través da Canle de Bordelais, chamada Ha'ava en marquesano.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Tahuata é a máis pequena das illas habitadas das Marquesas, cunha superficie de 61 km². A illa é moi montañosa, con profundos vales e cantiis. A altitude máxima está no monte Amatea de 1.050 metros. A orografía non permite a construción dunha pista de aterraxe e as comunicacións son vía marítima desde a illa veciña de Hiva Oa, separada pola canle de Bordelais de 4 km de ancho e unhas correntes de 20 nós.

A poboación total era de 703 habitantes no censo do 2012. A vila principal é Vaitahu, localizada no oeste da illa, capital da comuna que inclúe tamén a illa deshabitada de Moho Tani, outras vilas son Hapatoni, Motopu e Hanatetena. A activitad principal é a agricultura e a artesanía.

Photo de la côte de Tahuata. Elle est très escarpée et couverte d'arbres.

Historia[editar | editar a fonte]

Os restos arqueolóxicos indican que Tahuata estaba habitada polos polinesios xa no século III. Na época pre-europea era considerada unha dependencia de Hiva Oa.

Vaitahu foi o lugar dos primeiros contactos das Marquesas cos europeos. O primeiro avistamiento rexistrado polos europeos foi pola expedición española de Álvaro de Mendaña o 22 de xullo de 1595. Foi aquí onde chamou ao arquipélago as "Marquesas de Mendoza", e a illa "Santa Cristina". Desembarcaron en Vaitahu que nomearon Madre de Dios (Nai de Deus en español). De acordo coas contas españolas Tahuata tiña aves, peixes, cana de azucre, plátano, froitos secos e froitas. A vila existente estaba construída en dous lados dun espazo rectangular, as casas eran de madeira e canas entrelazadas. Un edificio que os españois supoñian que era relixioso levantábase fóra da cidade, nun espazo encerrado por empalizadas, e que contiña algunho ídolos ante os que atopábanse ofrendas e provisión. A xente tiña grandes e ben construídas canoas de vela. As súas ferramentas estaban feitas de cunchas e ósos de peixe. Usaban tirafondas, pedras e lanzas como armas.[1][2] Unha serie de malentendidos provocou a masacre de 200 vítimas.

O inglés James Cook chegou en 1774, e o francés Dupetit-Thouars en 1842, proclamou en Vaitahu a anexión das Marquesas a Francia. Posteriormente edificouse a primeira igrexa das illas.

A fala da illa é o dialecto Nuku da lingua marquesana.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Sharp, Andrew The discovery of the Pacific Islands Oxford, 1960, pp.51,52.
  2. Brand, Donald D. The Pacific Basin: A History of its Geographical Explorations The American Geographical Society, New York, 1967, p.133.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tahuata Modificar a ligazón no Wikidata