Moho Tani
| Epónimo | Pedro Fernandes de Queirós | |||
|---|---|---|---|---|
| Localización | ||||
| ||||
| División administrativa | departamentos e territorios de ultramar de Francia | |||
| Colectividade | Polinesia Francesa | |||
| Poboación | ||||
| Poboación | 0 | |||
| Xeografía | ||||
| Parte de | ||||
| Superficie | 15 km² | |||
| Medición | 19 ( | |||
| Bañado por | océano Pacífico | |||
| Identificador descritivo | ||||
| Fuso horario | ||||
Moho Tani (tamén Mohotani ou Motane) é unha illa das Marquesas, situada no grupo sur do arquipélago, a 15 km ao sueste de Hiva Oa.
Xeografía
[editar | editar a fonte]A illa é pequena, cunha superficie de 15 km². É de orixe volcánica, con cantís na costa e suaves ondulacións no interior. É descrita por algúns navegantes como o lombo dunha balea. A altitude máxima é de 520 metros.
Historia
[editar | editar a fonte]Nalgún momento a illa foi habitada por un clan chamado o "moi a Tiu", pero a poboación foi varrida pola enfermidade e a guerra, os poucos superviventes marcharon de Hiva'Oa. En tempos pre-europeos, a illa considerouse parte do territorio da provincia de Pepane. Foi descuberta por Álvaro de Mendaña e Neira o 21 de xullo de 1595, e chamouna San Pedro xa que era a vixilia de San Pedro ad Vincula, onomástica do piloto maior Pedro Fernández de Quirós e do coronel Pedro Merino.[1] Os primeiros informes describen a illa como fértil, con bosques e campos.
Cando Thor Heyerdahl visitou a illa en 1938, só había unhas cantas cabras e restos de aldeas e chozas abandonadas. Hoxe en día está deshabitada, pertencendo á comuna de Tahuata. A vexetación foi destruída polos rabaños en estado salvaxe de cabras e ovellas. En 1992, a illa e as illas máis pequenas que a rodean (incluíndo Terihi) foron oficialmente protexidas na declaración da Reserva Natural Motane.
Moho Tani administrativamente forma parte da comuna (municipio) de Hiva'Oa, na subdivisión administrativa das Illas Marquesas.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Sharp, Andrew The discovery of the Pacific Islands Clarendon Press, Oxford, 1960, p.51.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Moho Tani |
