Tahini ou tahina (en árabe:طحينية, en hebreo:טחינה, en turco:Tahin que significa fariña) é unha pasta feita con sementes de sésamo moídas que se emprega en moitos pratos da gastronomía en Oriente Medio.[1]
É un ingrediente esencial do hummus (puré de garavanzos) e do baba ganush (puré de berenxenas). Pode tomarse tamén untada en pan (principalmente, en pan de pita) e aliñada, e adóitase diluír en zume de limón e auga, engadindo opcionalmente allo para formar un mollo que acompaña diversos pratos, como as brochetas de carne (os chamados pinchos morunos), a carne asada (shawarma), as croquetas de garavanzos ou fabas (faláfel), ensaladas, etc.
Prato de hummus e ful, rematado con tahini, aceite de oliva, e adornado con pirixel picado.
↑Ghillie Basan, Jonathan Basan (2006), The Middle Eastern Kitchen: A Book of Essential Ingredients with Over 150 Authentic Recipes, p.146, Hippocrene Books