Suzanne Duchamp

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaSuzanne Duchamp
Biografía
Nacemento20 de outubro de 1889 Editar o valor em Wikidata
Blainville-Crevon, Francia Editar o valor em Wikidata
Morte11 de setembro de 1963 Editar o valor em Wikidata (73 anos)
París, Francia Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCimetière monumental de Rouen (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
EducaciónÉcole supérieure d'art et design Le Havre-Rouen (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpintora Editar o valor em Wikidata
MovementoDadaísmo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Arquivos en
Familia
PaisEugène Duchamp (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Lucie Duchamp (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsRaymond Duchamp-Villon (pt) Traducir, Jacques Villon (pt) Traducir e Marcel Duchamp Editar o valor em Wikidata

Suzanne Duchamp, nada o 20 de outubro de 1889 en Blainville-Crevon (Normandía) e finada o 11 de setembro de 1963 en Neuilly-sur-Seine, foi unha pintora dadaísta francesa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Suzanne Duchamp foi a cuarta de seis fillos, dunha familia adiñeirada con temperamento artístico. O seu avó materno era o pintor Émile Frédéric Nicolle. Suzanne era irmá máis nova de:

  • Jacques Duchamp, coñecido como Jacques Villon (1875-1963), pintor e gravador
  • Raymond Duchamp, coñecido como Raymond Duchamp-Villon (1876-1918), escultor
  • Marcel Duchamp (1887-1968), pintor, escultor, escritor e xadrecista

Con 16 anos entrou na Escola de Belas Artes de Rouen. As súas primeiras obras eran de inspiración impresionista e cubista. Casou en 1919, con 21 anos, co pintor Jean-Joseph Crotti, a quen influíu considerabelmente, mais logo divorciáronse. Trasladouse entón ao barrio parisiense de Montparnasse para estar máis preto do seu irmán Marcel e desenvolver a súa carreira artística.

Malia as dificultades que tiñan as mulleres pintoras para obteren pleno recoñecemento, a fama artística dos seus irmáns máis vellos permitiulle realizar a súa primeira grande exposición aos 22 anos no parisiense Salón dos Independentes. Máis adiante participou no Salon des Tuilleries, no Salón de Outono e na Unión de Mulleres Pintoras e Escultoras. Tamén fixo varias exposicións individuais na Galerie Paul Guillaume (1922), na Galerie René Zivy (1928) e na Galerie Le Portique (1929).[1]

Durante a Primeira guerra mundial traballou como enfermeira en París. A primeira das súas obras dadaístas, Multiplication brisée et rétablie (Multiplicación rota e restaurada) apareceu despois da guerra, rematada en 1919.

En 1967, o seu irmán Marcel axudouna a preparar unha exposición en Ruán titulada Les Duchamp: Jacques Villon, Raymond Duchamp-Villon, Marcel Duchamp, Suzanne Duchamp. Parte desta exposición familiar foi presentada no Museo Nacional de Arte Moderna do Centro Georges Pompidou de París.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. René Édouard-Joseph, Dictionnaire biographique des artistes contemporains, tome 1, A-E, Art & Édition, 1930, Modelo:P.