Surfing The Lérez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Surfing The Lérez é un festival de balde e benéfico de música pop e rock que se celebra na Illa das Esculturas na cidade de Pontevedra. Neste festival, de ambiente familiar, habilítanse puntos de recollida para que os asistentes poidan doar comida non perecedoira. Ademais de concertos, o festival acolle postos de mercado e comida.[1]

A primeira edición deste festival tivo lugar en 2013 e trouxo como cabeza de cartel a Arizona Baby. Destacan por participar neste festival grupos como Sex Museum, Novedades Carminha, Ángel Stanich, Terbutalina, Oh! Ayatolláh, Ortiga, Heredeiros da Crus, Malandrómeda, Grande Amore, Boyanka Kostova e Shego entre outros.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Vuelve el festival Surfing the Lérez a Pontevedra". laguiago.com. Consultado o 2023. 
  2. "Surfing the Lerez Festival". facebook.com. Consultado o 2023.