Nuno García Pico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Nuno García Pico
Nacemento1995
Lugar de nacementoO Valadouro
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónmúsico
editar datos en Wikidata ]

Nuno García Pico, coñecido musicalmente como Grande Amore,[1] nado no Valadouro en 1995, é un músico galego.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Xa estudando a ESO no IES Perdouro de Burela gañou o segundo premio do certame de relatos Trapero Pardo do Concello de Lugo animado polo profesor Bernardo Penabade.[3][4]. Continuou estudos na Facultade de Filosofía de Santiago de Compostela.[5]

Vémonos no baño foi o seu primeiro single.[6] Continuou con Oh! Ayatollah.[7]

En 2021 formou con Ortiga o prexecto Los Rastreadores,[8] un EP con seis temas: Un agarrado, Nrtkm, Mondo dolore, seis, Fiesta Chill.

Tamén en 2021 sacou o seu primeiro EP en solitario Grande Amore, baixo o selo discográfico de Ernie Records e con nove temas.

Reivindica a música en galego, "sería terríbel se a fixese en castelán ou en inglés".[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Pseudónimos galegos en ogalego.eu: g". www.ogalego.eu. Consultado o 2021-06-17. 
  2. 2,0 2,1 Diario, Nós. "Grande Amore: "Este disco é máis sincero que o 90% das cousas que lles digo aos meus amigos"". Nós Diario. Consultado o 2021-06-17. 
  3. Lugo, El Progreso de (2010-12-17). "Nuno García Pico: Si por escribir puedes ganar dinero... ¡Eso ya es la gloria!". El Progreso de Lugo. Consultado o 2021-06-17. 
  4. $fb_urllavozdegalicia (2010-12-17). "El talento literario del joven burelense Nuno García". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2021-06-17. 
  5. "CCC-20-09-2018" (PDF). usc.es. 
  6. Lugo, El Progreso de (2021-02-28). ""Sempre me gusta facer bandeira de Burela e do Valadouro"". El Progreso de Lugo. Consultado o 2021-06-17. 
  7. "Consellería do ritmo #12 Grande Amore CRTVG". www.crtvg.es. Consultado o 2021-06-17. 
  8. "Ortiga & Grande Amore: Los Rastreadores Web Oficial de Turismo de Santiago de Compostela e os seus Arredores". www.santiagoturismo.com. Consultado o 2021-06-17.