Superoito

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Superoito
OrixeOrdes,
Período2013 - actualidade
Selo(s) discográfico(s)Plancto X. Cultural
MembrosIván R. Paderne
Diego Falque
Diego Fernández
Glenn Carbajal
Antigos membrosXabi Sóñora
Na rede
Facebook: superoitoengalego Instagram: superoitogz Editar o valor em Wikidata

Superoito é unha banda galega de rock. Formouse a finais do ano 2013 en Ordes, e segue dende aquela unha identidade con influencias do punk e do rock así como unha evolución constante cara a un son cada vez máis duro e contundente.

O grupo editou tres discos e dous sinxelos, deu máis de cen concertos entre salas e festivais de Galicia e tres datas a nivel estatal coincidindo coa celebración do seu terceiro aniversario (Bilbao, León, Madrid).

Historia[editar | editar a fonte]

O seu primeiro disco, Non sabes bailar, gravado nos estudios Rapapoulo, presentouse o 14 de xuño de 2013 nun concerto privado na Pontecarreira. Na segunda metade do ano levaron a cabo a xira de presentación do disco, con máis de cen concertos.

O 15 de decembro de 2013 organizaron o I Festival Solidario de Nadal, en colaboración co Hospital de Santiago de Compostela, co obxectivo de recadar xoguetes e cartos para as familias obrigadas a pasar as datas de Nadal dentro dos complexos hospitalarios[1].

En xaneiro do 2014 publicaron o segundo disco, Todo me dá voltas, composto por 13 cancións e gravado nos estudios Rapapoulo de Merelle por Mou de Dios ke te crew. No 2014 presentaron o disco en concertos, da man da discográfica Madrindie Producciones (Madrid) e Busaco Contratacións (Cangas).

No ano 2014 gañaron o premio Cantalingua, organizado por Correlingua (A Mesa pola Normalización Lingüística, CIG-Ensino e Asociación Socio-Pedagóxica Galega)[2].

Vinculados moi fortemente coa defensa da lingua galega, as súas cancións tratan sobre temas da vida cotiá tratados con certo apego cómico como Galicia, a dignificación da labor mariñeira, a liberdade sexual e ideolóxica, a loita contra a construción da mina de Corcoesto ou a volta da selección galega de fútbol.

A principios do ano 2015 eco do seu éxito é compartir escenario coa banda vasca Berri Txarrak onde comezan a súa terceira xira coa que alcanzan os 150 concertos en tan só dous anos de traxectoria.

En 2016 estrearon o seu segundo disco, cuxos beneficios ían doarse ás protectoras de animais compostelás O Refuxio de Bando e Asociación Abeiro.

Discografía[editar | editar a fonte]

  • Non sabes bailar (febreiro 2014, sinxelo; Rapapoulo Estudios)
  • No Saps Ballar (maio 2015, Discos Modernos Records)
  • Ez dakizu dantza egiten (maio 2015, Discos Modernos Records)
  • Todo me dá voltas (marzo 2014; Rapapoulo Estudios)
  • Portarnos mal (abril 2015; Estudio Mágico)
  • En directo (xaneiro 2016, Iraila Records)
  • A mala vida (2022; Cimática Studio)

Xiras[editar | editar a fonte]

  • Non sabes bailar (2013, 11 concertos)
  • Todo me dá voltas (2014, 49 concertos)
  • Portarnos mal (2015, 32 concertos)
  • En directo (2016, 21 concertos)
  • A mala vida (2022, en xira)

Notas[editar | editar a fonte]