Saltar ao contido

Styca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Styca de Aethelred II (854-862)
AEDILRED RX arredor dunha cruz central. Grafila granulada. +ALGHERE arredor de cruz central. Grafila granulada.
Styca. Reino de Northumbria. Aethelred II. AE.

A styca é unha pequena moeda cuñada desde a fin do século VIII ata mediados do século IX no reino de Northumbria, nas illas Británicas.

A cuñaxe das stycas comezou baixo o reinado de Aethelred I (790-796), en substución das sceatta, que deixaron de producirse neste período.[1] A emisión das styca deuse unicamente en Northumbria,[2] xa que o resto dos reinos anglosaxóns non emitían máis ca peniques de prata baseados nos diñeiros dos francos.[3][4]

Anverso dunha styca de Raedwulf, rei de Northumbria.

As stycas comezaron a producirse cunha base de prata, mais na metade da década de 830 comezaron a cuñarse en billón, cunha porcentaxe de prata cada vez inferior, ata que cara a 837 a prata deixou de estar presente na aliaxe destas moedas, situación que se mantivo ata que deixaron de cuñarse, arredor de 855. A grande cantidade de exemplares atopados de cobre suxire que a produción foi intensa e ininterrompida durante este período, e quizais explique tamén por que terminou durante o reinado de Osberht, xa que baixo este reinado moitas das pezas eran falsificacións. As stycas permaneceron en circulación ata a conquista viquinga de Northumbria en 867.[5][6]

A orixe do nome styca atribúese unha palabra saxoa (stycce) que significaba "parte pequena" ou "anaco".[2][6][7]

Tipoloxía

[editar | editar a fonte]
Styca de cobre a nome do rei Osberht.

Agás algunhas excepcións, as stycas comparten un estilo común moi ben definido. Nunha das súas faces amósase o nome do rei ou do arcebispo, arredor dun motivo central, e na outra face aparece o nome do moedeiro ou cuñador. Os motivos centrais adoitan ser sinxelos, como unha cruz ou un círculo, por exemplo.[2][6][8][9]

Ocasionalmente, algunhas cecas utilizaron motivos máis complexeos: as moedas cuñadas a nome de Aethelred II distínguense pola complexidade das súas cruces. Nunha das súas moedas amósase mesmo a figura dun can e unha triquetra.[8]

  1. Cook, B. J.; Williams, G., Archibald, M. (2006). Páxina 213.
  2. 2,0 2,1 2,2 "Styca." En Frey, A. R. (1916). Páxinas 230-231.
  3. "Davies, G. (2010)". Páxina 125.
  4. Skingley, Philip, ed. (2014). Páxina 101.
  5. Cook, B. J.; Williams, G., Archibald, M. (2006). Páxina 214.
  6. 6,0 6,1 6,2 "Styca". En Münzen Lexikon (Reppa.de)
  7. "Stycas Arquivado 20 de setembro de 2020 en Wayback Machine.". En Martinori, E. (1915). Páxina 498.
  8. 8,0 8,1 Skingley, Philip, ed. (2014). Páxinas 103-105.
  9. Pirie, E. J. E. (1996). Coins of the Kingdom of Northumbria c.700-867 in the Yorkshire collections. Galata, Llanfyllin, Powys. ISBN 0-9516671-4-9

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]