Stevie Chalmers
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2016.) |
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
| Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Nacemento | 26 de decembro de 1935 Glasgow | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Morte | 29 de abril de 2019 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Educación | St. Roch's Secondary School (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Nacionalidade deportiva | Escocia | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Posición de xogo | Dianteiro | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Steve Chalmers, nado en Glasgow o 26 de decembro de 1936, foi un xogador de fútbol escocés. Ocupaba a demarcación de dianteiro centro e que destacou pola súa colaboración no fito máis importante do Celtic ó ser un dos integrantes daqueles Lisbon Lions que conseguiron a Copa de Europa no 1967.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Este xogador chegou a Celtic Park en febreiro de 1959 e dende aquel preciso intre vestiu a camisola do club en 406 ocasións logrando 228 goles sendo, sen lugar ás dúbidas, o máis salientable o acadado na final daquela Copa de Europa do 1967 que supuña o 2-1 prós escoceses e que sería definitivo para outorgárlle-lo cetro máis prestixioso a nivel europeo. Tamén tivo grande sona o seu hat-trick conseguido na segunda metade dun Old Firm contra os eternos rivais, o Rangers, nun 3 de xaneiro do 1966.
Xogou en 5 ocasións coa selección escocesa de fútbol, logrando 3 goles, salientando o tanto que acadou nun amigable fronte ao Brasil en 1966 que rematou en táboas (1-1) en terreo escocés.
O seu fillo Paul Chalmers tamén chegou a xogar no Celtic anos despois.