Conversa:Estercoráridos

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Nome en galego[editar a fonte]

Alguén sabe dalgunha referencia para as familias de aves en galego? Sobreira, Lameiro, Xoio ou Miguelferig, sabedes algo disto? É que no artigo Guía das aves de Galicia metín ligazóns a moitas, e decateime que a maioría son redireccións, e a mioría non teñen referencia para o nome en galego... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22 de febreiro de 2019 ás 08:45 (UTC)[responder]

Verás, Elisardojm, no DRAG e no Digalego hai moitos nomes de familias de aves en galego, pero non todas. Na maioría dos casos o paso ao galego é doado, xa que ten que ser unha forma moi similar á do latín con mínimos cambios. Preséntase o problema das familias que teñen no seu nome a secuencia ii, como é este caso (Stercoraiidae). Nestes casos caberían as posibilidades estercoraríidos (opinión, por exemplo, de Xoio - ver Merluccíidos) ou estercoráridos (cun só i). O caso é que o DRAG en casos similares de familias con dobre i que aparecen nese dicionario (que, como dixen, non son todas) sempre os resolve usando un só i. Exemplos deste tipo que aparecen no DRAG son cértidos (Certhiidae), proceláridos (Procellariidae), cicónidos (Ciconiidae), lánidos (Laniidae), corácidos (Coraciidae), orde dos caradriformes (Charadriiformes). Nunca atopei no DRAG exemplos acabados en íidos. En consecuencia, inclínome por escribir ao estilo do DRAG estercoráridos e non estercoraíidos, aínda que esta páxina non é da miña autoría.--Miguelferig (conversa) 22 de febreiro de 2019 ás 18:40 (UTC)[responder]
Miguelferig, pero xa que esta páxina non ten referencia en galego, deberíamos movela ó nome científico... é que se non a Galipedia vai ser fonte primaria, e iso non pode ser..., ou? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22 de febreiro de 2019 ás 22:04 (UTC)[responder]
Depende como se mire, Elisardojm. Para min non é o mesmo o nome común dunha especie (que pode ser moi variado e debe estar referenciado) que o nome dunha familia ou taxon superior, que se toma directamentre do latín polos mecanismos usados no noso idioma para facer iso. Quero dicir, por exemplo, o th, rh, ll ou ch latinos pasan sempre a t, r, l ou c, os y pasan a i, os ge, gi a xe xi ou as terminacións habituais documentadas etc. Aínda que a palabra en si non estea referenciada esas equivalencias SI O ESTÁN en múltiples termos referenciados similares, polo que na maior parte dos casos é doado facer esa equivalencia para obter o nome galego coa seguridade de que nos estamos baseando en exemplos semellantes que si están referenciados no DRAG. Cando te apartas das solucións do DRAG, como en merluccíidos, entón si que pode haber un problema de fonte primaria.--Miguelferig (conversa) 22 de febreiro de 2019 ás 22:14 (UTC)[responder]
Vale entón, moitas grazas pola explicación Miguelferig. Saúdos, Elisardojm (conversa) 24 de febreiro de 2019 ás 15:52 (UTC)[responder]