Stephen Colbert

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaStephen Colbert

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Stephen Tyrone Colbert Editar o valor em Wikidata
13 de maio de 1964 Editar o valor em Wikidata (59 anos)
Washington, D.C., Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Escritor Saturday Night Live
1996 – 2011 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Northwestern (pt) Traducir
Porter-Gaud School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Washington, D.C. Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónactor , presentador de televisión , guionista , humorista , produtor de televisión Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1984 Editar o valor em Wikidata -
Partido políticoPartido Demócrata Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xénero artísticoSátira, humor absurdo (pt) Traducir, black comedy television program (en) Traducir e teatro de improvisação (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Participou en
2006commencement at the Knox College (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeEvelyn McGee-Colbert (1993–)
PaiJames William Colbert Jr. (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsElizabeth Colbert Busch (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0170306 Allocine: 96603 Rottentomatoes: celebrity/stephen_colbert Allmovie: p304938 TCM: 543241 Metacritic: person/stephen-colbert TV.com: people/stephen-colbert
Twitter: StephenAtHome Instagram: stephenathome Spotify: 5oPGKOVPSvNUx3R3Wfbv2y Musicbrainz: 5b7c47b7-fcad-450f-bf63-48e2c43fc4e2 Songkick: 2313795 Discogs: 350947 Allmusic: mn0002129504 WikiTree: Colbert-252 Editar o valor em Wikidata

Stephen Tyrone Colbert, nado en Washington, D.C. o 13 de maio de 1964, é un actor, guionista, humorista e presentador de televisión estadounidense, famoso polo seu programa The Colbert Report que emitía Comedy Central, un telexornal satírico no que interpreta unha versión caricaturizada dun comentarista conservador estadounidense. E tamén por ser o sucesor de David Letterman no agora chamado Late Show With Stephen Colbert que emite CBS.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Criado en Carolina do Sur nunha familia de orixe católico irlandesa, Colbert orixinalmente recibiu cursos de arte dramática para ser actor, pero interesouse no teatro da improvisación cando coñeceu a Del Close mentres estudaba na universidade, e comezou a actuar profesionalmente primeiro como suplente de Steve Carell no Second City de Chicago; nesta época entre os seus compañeiros figuraron Paul Dinello e Amy Sedaris, cos que máis tarde desenvolveu a serie de sketch cómicos Exit 57 (1995-1996).

Stephen Colbert en 2010

Colbert tamén escribiu e actuou no Dana Carvey Show antes de colaborar de novo con Sedaris e Dinello de novo na serie Strangers with Candy (1999-2000), onde gañou recoñecemento polo seu personaxe, un profesor de historia homosexual pero foi o seu traballo como correspondente na parodia de telexornal The Daily Show, o que o fixo coñecido a unha maior audiencia.

No ano 2005 deixou The Daily Show with Jon Stewart para crear a súa propia serie, The Colbert Report, seguindo o mesmo concepto é unha parodia dos telexornais de noticias desenvolvidos arredor dun comentarista político como é o caso de The O'Reilly Factor, o seu personaxe caracterízase pola súa inxenuidade e ignorancia, pola súa fe nas políticas do entón presidente Bush e idolatría ao xornalista conservador Bill O'Reilly. Desde o comezo, foi unha das series máis vistas de Comedy Central. Segundo a revista Time está entre as cen persoas con máis influencia en 2006[1], e o seu libro I Am America (And So Can You!), foi número un da lista de vendas do New York Times.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "The Time 100: The People Who Shape Our World". Time. April 30, 2006. Arquivado dende o orixinal o 02 de maio de 2006. Consultado o 2006-07-07.