The Daily Show

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

The Daily Show
Formato Comedia
Sátira
talk show
Duración 22 minutos
Creado por Madeleine Smithberg
Lizz Winstead
Producido por Rory Albanese
Jon Stewart
Presentado por Craig Kilborn (1996–1998)
Jon Stewart (1999–presente)
Cadea Comedy Central
Día da estrea 22 de xullo de 1996

Na rede
http://www.thedailyshow.com/
IMDB: tt0115147 Rottentomatoes: tv/the_daily_show TV.com: shows/the-daily-show-with-jon-stewart
Facebook: thedailyshow Twitter: TheDailyShow Instagram: thedailyshow Youtube: UCwWhs_6x42TyRM4Wstoq8HA TikTok: thedailyshow Editar o valor em Wikidata

The Daily Show, coñecido na súa versión actual como The Daily Show with Jon Stewart, é un programa satírico da televisión nocturna estadounidense que se emite de luns a xoves en Comedy Central desde 1996.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O primeiro presentador do programa foi Craig Kilborn, en decembro de 1998 substituíuno Jon Stewart que realizou unha serie de cambios no programa, enfocándoo máis cara a política e temas de actualidade estadounidense, en contraste coa época de Kilborn que daba máis importancia á cultura popular.

The Daily Show é un programa que fai sátira da información, das figuras políticas, dos medios e con frecuencia do propio programa. Normalmente o programa abre cun logo monólogo de Jon Stewart relacionado cos titulares do día, seguen análises e reportaxes dos correspondentes do programa co que con frecuencia Stewart intercambia opinións, que adoitan levar un ton absurdo ou humorosamente esaxerado mentres que Stewart adoita facer o papel de xornalista serio. O segmento final dedícase a unha entrevista a algún personaxe relevante

En 2005, Comedy Central comezou a emitir The Colbert Report, que presenta o que fora durante moito tempo correspondente de The Daily Show Stephen Colbert e os dous programas continúan a estar interelacionados, Stewar frecuentemente crea ao rematar cada edición unha ponte cara ao programa de Colbert. Emitése tamén unha edición semana The Daily Show: Global Edition que se emite en canles estranxeiras e na CNN International.