Saltar ao contido

Steve Shirley

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Stephanie “Steve” Shirley»)
Modelo:BiografíaSteve Shirley

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(de) Vera Buchthal Editar o valor en Wikidata
16 de setembro de 1933 Editar o valor en Wikidata (91 anos)
Dortmund, Alemaña Editar o valor en Wikidata
ResidenciaLondres
Royal Sutton Coldfield (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióninformática teórica, activista polos dereitos das mulleres, empresaria Editar o valor en Wikidata
EmpregadorPost Office Research Station (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
1939Kindertransport (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios

Páxina websteveshirley.com Editar o valor en Wikidata
Facebook: DameStephanie Twitter: damestephanie_ Instagram: damestephanie_ TED: dame_stephanie_steve_shirley Editar o valor en Wikidata

Stephanie “Steve” Shirley, nada Vera Buchthal en 1933, en Dortmund (Alemaña) é unha empresaria informática e filántropa británica.[1][2][3]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Shirley chegou ao Reino Unido en 1939 como parte do programa Kindertransport que evacuou a uns dez mil nenos xudeus de Alemaña e outros países baixo o seu control.[2] Era filla dun matrimonio xudeu que se tivo que quedar en Alemaña, aínda que Shirley reuniuse cos seus pais ao terminar a guerra. En Gran Bretaña foi acollida por un matrimonio dos arredores de Birmingham. Aínda que os seus pais de acollida eran anglicanos, enviárona a estudar a un colexio católico, onde destacou en matemáticas.[4]

Ao dezaoito anos empezou a traballar no centro de investigación do Royal Mail en Dollis Hill, onde estivo oito anos. Durante ese tempo asistiu a clase despois da súa xornada laboral e obtivo un Grao en Matemáticas.[5] A mediados dos anos 50 tivo un primeiro coñecemento sobre computadores, o que lle levou a solicitar o seu traslado cara a esa vertente dentro do centro no que traballaba. Shirley acabaría deixando a Royal Mail por varios motivos, entre eles o que lle denegasen un ascenso por ser muller e que ía casar con outro empregado, o que obrigaba naquela época a que un dos dous deixase a empresa.[4]

Tras deixar a Royal Mail, Shirley traballou en ICL durante un ano e medio. Ela e o seu equipo tiñan que probar o computador ICT 1301. ICL chamábase entón English Electric ICT, e o traballo realizábase nunha subsidiaria a partes iguais con General Electric Company, chamada Computer Developments Limited (CDL) e con sede en Kenton (norte de Londres). Dentro desta empresa tamén viu poucas oportunidades de ascender debido á súa condición de muller, o que lle levou a exporse crear a súa propia empresa.[4]

En 1962 fundou a empresa de software F. I. Group PLC. No inicio da súa vida laboral, tomou o costume de usar Steve como o seu nome de pila, xa que normalmente é un nome masculino e o mundo dos negocios estaba naquel momento dominado polos homes. Ata que en 1975 a lei británica contra a discriminación sexual prohibiu ese tipo de práctica, Shirley só contrataba mulleres.[2]

Tras xubilarse en 1993, dedicouse a actividades filantrópicas a través da Shirley Foundation.[4] En 2014 estimábase que doara 65 millóns de libras dun total de 150 que acumulara tras vender a súa empresa. Entre as causas que apoia destaca a investigación sobre o autismo, pois o seu falecido fillo Giles sufriu este trastorno.[2]

Shirley foi un dos membros fundadores da British Computer Society en 1957. Foi nomeada Oficial da Orde do Imperio Británico (OBE) e ascendida a Dama Comendadora no 2000. De maio de 2009 a maio de 2010, foi Embaixadora do Reino Unido para a Filantropía.[4]

Filantropía

[editar | editar a fonte]

A Fundación Shirley, con sede no Reino Unido, foi creada por Shirley en 1986 cunha importante doazón para establecer un fondo fiduciario benéfico. A súa misión actual é facilitar e apoiar proxectos pioneiros con impacto estratéxico no campo dos trastornos do espectro autista, con especial énfase na investigación médica. O fondo apoiou moitos proxectos mediante subvencións e préstamos, entre eles Autism at Kingwood, que apoia ás persoas con trastornos do espectro autista para que gocen dunha vida plena e activa; Prior' s Court, a maior obra benéfica da fundación, cunha escola residencial para 70 alumnos autistas e un Centro de Mozos Adultos para 20 estudantes autistas; Autism99, a primeira conferencia en liña sobre autismo á que asistiron 165.000 persoas de 33 países. Participa en conferencias en todo o mundo (moitas delas a distancia) e está en contacto frecuente con pais, coidadores e persoas con trastornos do espectro autista. O seu fillo autista Giles morreu tras un ataque epiléptico aos 35 anos. Desde maio do 2009 ata maio de 2010, Shirley foi Embaixadora da Filantropía do Reino Unido, un nomeamento gobernamental destinado a dar "voz" aos filántropos[6]. En 2012, Shirley doou a totalidade da súa colección de arte, incluídas obras de Elizabeth Frink, Maggi Hambling, Thomas Heatherwick, Josef Herman e John Piper, á escola Prior' s Court e á organización benéfica Paintings in Hospitals.[7] En 2013, ao aparecer no programa Good Morning Sunday da BBC Radio 2 con Clare Balding, Shirley falou de por que regalara máis de 67 millóns de libras do seu patrimonio persoal a diferentes proxectos. Nas súas memorias de 2012, Let IT Go, escribe: "Fágoo pola miña historia persoal; necesito xustificar o feito de salvar a miña vida".[8]

  1. Popova, Maria (6 de decembro de 2013). "Dame Steve Shirley, the World’s First Freelance Programmer". Consultado o 22 de marzo de 2017. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 "Woman's Hour Power List, Woman's Hour - Dame Stephanie ‘Steve’ Shirley - BBC Radio 4". Consultado o 22 de marzo de 2017. 
  3. elEconomista.es. "La niña que huyó de los nazis y revolucionó la informática haciendo ricas a sus trabajadoras - elEconomista.es". www.eleconomista.es (en castelán). Consultado o 2021-06-17. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 "Oral-History:Dame Stephanie (Steve) Shirley - ETHW" (en castelán). Consultado o 22 de marzo de 2017. 
  5. Newnham, Danielle (2016). Female Innovators at work, Women on top Tech (en inglés). Apress. p. 101. ISBN 978-1-4842-2363-5. 
  6. Wiggins, Kaye. "Dame Stephanie Shirley appointed as philanthropy ambassador". www.thirdsector.co.uk. Consultado o 2021-06-17. 
  7. "Art Collection". www.steveshirley.com. Arquivado dende o orixinal o 24 de xuño de 2021. Consultado o 2021-06-17. 
  8. "Dame Stephanie Shirley". www.steveshirley.com. Consultado o 2021-06-17. 

 Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]