Stefan Johansen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Stefan Johansen
Stefan Johansen 2017.jpg
Información persoal
Nome completoStefan Marius Johansen
Nacemento8 de xaneiro de 1991
LugarVardø, Noruega
Altura1,82 m
Posicióncentrocampista
Información de club
Club actualFulham Football Club
Carreira xuvenil
0000–2004Vardø
2005–2006Bodø/Glimt
Carreira sénior
AnosEquiposAprs(Gls)
2007–2010Bodø/Glimt29(0)
2011–2013Strømsgodset67(8)
2014–2016Celtic73(12)
2016–Fulham2(0)
Selección nacional
2006–2007Noruega sub-168(3)
2007–2008Noruega sub-1710(3)
2008–2009Noruega sub-185(1)
2009–2010Noruega sub-18(1)
2011–2013Noruega sub-215(0)
2012Noruega sub-231(0)
2013–Noruega31(3)
* Partidos e goles só en liga doméstica. Actualizados a 25 de setembro 2016
† Aparicións (Goles)
‡ Actualizado a 25 de setembro 2016

Stefan Marius Johansen, nado en Vardø o 8 de xaneiro de 1991, é un futbolista internacional noruegués que xoga como centrocampista para o Fulham.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Bodø/Glimt[editar | editar a fonte]

Aos catorce anos entrou no FK Bodø/Glimt.[1] Entrou no primeiro equipo en 2007 canda Anders Ågnes Konradsen e debutou na primeira rolda da Copa de Noruega dese ano contra o Hammerfest. Johansen xogou seis partidos na Adeccoligaen cando o Bodø/Glimt subiu á máxima categoría, a Tippeligaen en 2007, e non foi ata o 10 de agosto de 2008 cando se estreou na Tippeligaen nun encontro contra o Viking substituíndo a Jan Derek Sørensen no minuto 85.[2]

Na tempada 2009 fixo catro aparicións, xogando regularmente na Adeccoligaen na tempada seguinte.[1][2] Recibiu ofertas do Tromsø, Fredrikstad e Aalesund para firmar finalmente co Strømsgodset en decembro de 2010, incorporándose ao club o 1 de xaneiro de 2011.[1][3] Johansen xogou 18 partidos na Adeccoligaen na súa última tempada en Bodø/Glimt.[2]

Strømsgodset[editar | editar a fonte]

A súa primeira actuación co Strømsgodset foi contra o Sogndal no minuto 80 substituíndo a Fredrik Nordkvelle. Na súa primeira tempada co Strømsgodset, Johansen fixo 13 aparicións na liga e marcou un gol.[2] No partido contra o Sandnes Ulf o 16 de maio de 2012, Johansen marcou un gol e no 5–0 contra o Fredrikstad o 27 de maio 2012, Johansen volveu marcar outro gol.[4] Tras a volta de Mohammed Abu ao Manchester City, converteuse en xogador regular no equipo principal e en agosto de 2012 gañou o premio Statoil ao talento.[5][6] En 2013, Johansen axudou ao Stromsgodset a gañar o seu primeiro primeiro título de liga en 43 anos e votárono como o centrocampista do ano na liga norueguesa.[7][8]

Celtic[editar | editar a fonte]

O 15 de xaneiro de 2014, pasou ao celtic para xogar na Scottish Premiership por unha transferencia de 2 millóns £.[7][9] Johansen firmou por tres anos e medio co club, converténdose no cuarto noruegués en xogar co Celtic tras Harald Brattbakk, Vidar Riseth e Thomas Rogne.[10] Levou o número 25, coma levaran anteriormente Ľubomír Moravčík e Shunsuke Nakamura.[10]

O 26 de xaneiro de 2014 xogou o seu primeiro partido co Celtic, nunha vitoria 4–0 contra o Hibernian xogando como substituto os últimos cinco minutos.[11] O seu primeiro gol co equipo fíxoo o 22 de marzo de 2014 contra o St. Mirren, abrindo o marcador que quedou finalmente nun 3–0.[12]

Fulham[editar | editar a fonte]

O 26 de agosto firmou co Fulham.[13]

Carreira internacional[editar | editar a fonte]

Johansen fixo o seu debut con Noruega o 8 de agosto de 2006 no equipo sub-15 contra Polonia.[2] Posteriormente representou a Noruega en todos os niveis ata o sub-23. Participou na Eurocopa sub-21 de 2013[5] chegando á semifinal onde perdeu cn España.[14]

Na selección absoluta xogou 15 veces, e marcou o seu primeiro gol no seu debut, contra Suecia en Estocolmo o 14 de de agosto 2014.[15][16]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Sandmo, Ole-Marius Aune (19 de xullo de 2010). "- TIL leder kampen om Vardø-talent" (en noruegués). NRK. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 "Stefan Johansen". altomfotball.no (noruegués)
  3. Magne J. Nilsen (7 de decembro de 2010). "Stefan Johansen klar for Godset". Drammens Tidende (en noruegués). 
  4. Terje, Skeie (27 de maio de 2012). "Stefan Johansen med blåkopi-scoring da Strømsgodset knuste FFK" (en noruegués). TV2. 
  5. 5,0 5,1 Johansen Øyvind (23 de decembro de 2012). "Scouting report: Stefan Johansen, Strømsgodset". Scandinavian Scouting Agency. 
  6. Jonn Erik Aasen (30 de agosto de 2012). "Stefan Johansen er månedens talent – august 2012" (en noruegués). TV2. 
  7. 7,0 7,1 Walker, Mark (15 de xaneiro de 2014). "Stefan Johansen signs for Celtic". The Scotsman. 
  8. "Kniksenprisen" Arquivado 27 de xuño de 2015 en Wayback Machine., Norsk Toppfotball
  9. McGarry, John (15 de xaneiro de 2014). "Johansen's Celtic move sorted as classy Norweigian signs three-and-a-half year deal". MailOnline. 
  10. 10,0 10,1 Magnus Wikan (15 de xaneiro de 2014). "Johansen klar for Celtic". Verdens Gang (en noruegués). 
  11. "Stefan Johansen fikk Celtic-debuten", Aftenposten, 26 de xaneiro de 2014
  12. Mackie Fraser (22 de marzo de 2014). "Celtic 3–0 St Mirren: Hoops on brink of yet another title as Johansen nets first goal". Daily Mail. 
  13. "Johansen Arrives - Fulham Football Club". fulhamfc.com
  14. Grahame, Ewing (13 de xaneiro de 2014). "Celtic close in on Stromsgodset and Norway midfielder Stefan Johansen". The Telegraph. 
  15. "Stromsgodset confirm Celtic interest in midfielder Stefan Johansen" STV, 9 de xaneiro de 2014.
  16. "Stefan Johansen" National Football Teams