Star Wars Episode III: Revenge of the Sith
Star Wars Episode III: Revenge of the Sith | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Star Wars Episode III: Revenge of the Sith |
Director | George Lucas |
Produtor | Rick McCallum |
Guión | George Lucas |
Intérpretes | Ewan McGregor Hayden Christensen Natalie Portman Ian McDiarmid Samuel L. Jackson Christopher Lee Anthony Daniels Kenny Baker Frank Oz |
Música | John Williams |
Fotografía | David Tattersall |
Montaxe | Roger Barton |
Estudio | Lucasfilm |
Distribuidora | 20th Century Fox |
Estrea | Cannes: 15 de maio de 2005 Londres: 16 de maio de 2005 USA: 19 de maio de 2005 |
Duración | 140 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Ficción científica |
Orzamento | $113 000 000 |
Recadación | $848 800 000 |
Filme anterior | Star Wars Episode II: Attack of the Clones |
Filme seguinte | Star Wars Episode IV: A New Hope |
Na rede | |
http://www.starwars.com/movies/episode-iii | |
A vinganza dos Sith (orixinal: Revenge of the Sith) é un filme de ópera espacial de 2005, escrito e dirixido polo estadounidense George Lucas. É o sexto filme da saga A guerra das galaxias e o terceiro en orde cronolóxica interna da saga.
Sinopse
[editar | editar a fonte]O destino de toda unha xeración decidirase agora. Anakin será tentado polo lado escuro, a través de Palpatine, quen utilizará a desesperación e o amor de Anakin por Padmé para conseguir o seu propósito.
A película comeza cunha batalla sobre o planeta Coruscant. O Chanceler Palpatine está retido polo Conde Dooku, e os Jedi Anakin Skywalker e máis Obi-Wan Kenobi teñen a misión de rescatalo. Durante o rescate, Anakin Skywalker mata o Conde Dooku. Padmé, casada en segredo con Anakin, está embarazada. O Chanceler nomea a Anakin o seu representante no Consello Jedi. Anakin ten un soño no que ve a Padmé morrer no parto. Padmé, ó escoitar o seu soño, cálmao e pídelle que o esqueza, que só é un mal soño.
Para evitar que o seu fatídico soño se converta en realidade, déixase seducir polo Lado Escuro da Forza, converténdose no discípulo do Lord dos Sith, Darth Sidious, que é o Chanceler da República Galáctica, quen o nomea Darth Vader.
Cando está a piques de rematar a Guerra dos Clons, despois dunha traizoeira batalla contra Mace Windu, o Chanceler autoproclámase no Senado como Emperador do novo Imperio Galáctico. Ordena executar a orde 66, coa que as tropas Clon asasinan todos os Jedi e os seus Padawans, excepto os mestres Yoda e Obi-Wan Kenobi, que estaban en misións de guerra. Yoda loita contra o Emperador, pero non consegue matalo e foxe ó exilio.
Obi-Wan descobre a traizón de Anakin e intenta buscalo a través de Padmé, quen desconsolada intenta negar a verdade que escoita de Obi-Wan.
Nun intento desesperado por retornar o seu amado Anakin ó lado do ben, Padmé viaxa a Mustafar, sen saber que Anakin asasinou non só parte dos Jedi e os seus padawans, senón tamén todos os conspiradores aliados a Palpatine, caendo así máis e máis profundo nas gadoupas do lado escuro.
Ó encontralo, Vader ofrecerá a Padmé que permaneza ó seu carón e xuntos gobernaren a galaxia. Padmé rexeita a oferta e suplica a Anakin que esqueza todo e fuxa canda ela a Naboo e críen xuntos o seu fillo mentres o ven medrar no seu fogar xunto ó lago, onde naceu o seu amor. Vader négase, obsesionado co poder e cegado polo lado escuro.
Obi-Wan, quen viaxaba oculto na nave de Padmé, encontra a Vader. Vader pensa que Padmé o traizoou e comézaa a asfixiar co terrible poder do lado escuro. Obi-Wan deteno só para comezar unha loita a morte con el. A loita será épica: o mestre contra o alumno. Os que antes eran amigos decidirán o destino da galaxia nesta batalla.
Obi-Wan fere gravemente a Vader e déixao para que arda nun río de lava. Posteriormente o Emperador rescátao e péchao nunha armadura negra, para que poida sobrevivir.
Finalmente, Padmé, sabendo que Anakin é xa un Lord dos Sith, perde as ganas de vivir e morre no parto. Antes de morrer, Padmé pode ver os seus fillos e ponlles os nomes de Luke e Leia... a nova e última esperanza contra as forzas escuras. Os seus dous fillos xemelgos son separados por decisión de Yoda e Obi-Wan. Leia será adoptada polo Senador Bail Organa de Alderaan, para criala xunto coa súa esposa. Mentres Obi-Wan leva a Luke cos seus tíos Owen e Beru, en Tatooine.
Obi-Wan parte só e ocúltase no deserto para prepararse e esperar a que os derradeiros folgos contra o malvado Imperio Galáctico crezan e poidan facerlle fronte e así volva a paz, a liberdade e maila xustiza á galaxia
Elenco
[editar | editar a fonte]- Ewan McGregor (Obi-Wan Kenobi).
- Hayden Christensen (Anakin Skywalker / Darth Vader).
- Natalie Portman (Senadora Amidala / Padmé Naberrie-Skywalker).
- Ian McDiarmid (Chanceler Supremo / Emperador Palpatine / Darth Sidious).
- Samuel L. Jackson (Mace Windu).
- Christopher Lee (Conde Dooku / Darth Tyrannus).
- Anthony Daniels (C-3PO).
- Kenny Baker (R2-D2).
- Peter Mayhew (Chewbacca).
- Frank Oz (voz de Yoda).
- Jimmy Smits (Senador Bail Organa).
- Genevieve O'Reilly (Senador Mon Mothma).
- Ahmed Best (Jar Jar Binks).
- Jay Laga'aia (Capitán Typho).
- Joel Edgerton (Owen Lars).
- Oliver Ford Davies (Gobernador Whitesun-Lars).
- Temuera Morrison (Comandante Cody / Comandante Thire / Comandante Bly).
- Keisha Castle-Hughes (Raíña Apailana).
- Rebecca Jackson Mendoza (Raíña de Alderaan).
- Mary Oyaya (Luminara Unduli).
- Bruce Spence (Tion Medon).
- Kee Chan (Senador Male-Dee).
- Bai Ling (Senadora Bana Breemu).
- Warren Owens (Senador Fang Zar).
- Rena Owen (Senadora Nee Alavar).
- Christopher Kirby (Senador Giddean Danu).
- Matt Sloan (Plo Koon).
- Rohan Nichol (Capitán Antilles).
- Matthew Wood (voz do Xeneral Grievous).
- James Earl Jones (voz de Darth Vader).
- George Lucas (Barón Papanoida).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Filmes de 2005
- Filmes en lingua inglesa
- Filmes dos Estados Unidos de América
- Filmes con banda sonora de John Williams
- Filmes de guerra e ciencia ficción dos Estados Unidos de América
- Filmes de Star Wars
- Filmes de 20th Century Fox
- Filmes de Elstree Studios
- Filmes rodados en Tailandia
- Filmes rodados na China
- Filmes rodados en Australia
- Filmes rodados en Sidney
- Filmes rodados en Italia
- Filmes rodados en Suíza
- Filmes sobre vinganza
- Filmes distópicos
- Filmes sobre clonación
- Filmes sobre o embarazo
- Filmes dirixidos por George Lucas
- Secuelas de filmes dos Estados Unidos de América