Keisha Castle-Hughes
Keisha Castle-Hughes | |
---|---|
![]() Castle-Hughes en setembro de 2009. | |
Nome completo | Keisha Castle-Hughes |
Nacemento | 24 de marzo de 1990 (31 anos) |
Lugar | Donnybrook, Australia Occidental, ![]() |
Nacionalidade | Nova Zelandia |
Educada en | Rosehill College |
Fillos | Felicity-Amore Hull, (nada no 2007) |
Profesión | Actriz (2001–presente) |
http://www.keishacastlehughes.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Keisha Castle-Hughes, nada o 24 de marzo de 1990 en Donnybrook, Australia Occidental, é unha actriz australiana nacionalizada en Nova Zelandia.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
É filla de Tim Castle, de orixe angloaustraliana e Desrae Hughes, de orixe maorí. Os seus pais, que nunca estiveron casados, acabaron separándose. Cando Keisha tiña tan só dezaoito meses, a súa familia mudouse a Nova Zelandia, e ela obtivo a cidadanía neozelandesa no 2001.
Como actriz, gañou prominencia á idade de once anos cando interpretou a Paikea "Pai" Apirana no filme Whale Rider do ano 2002. Keisha acadou nomeamentos para diversos premios entre os que destacan os Premios da Academia á mellor actriz, converténdose así na actriz máis nova en acadar ese recoñecemento.
Dende que iniciou a súa carreira con Whale Rider, Castle-Hughes apareceu en varios filmes como Hey, Hey, It's Esther Blueburger (2008), Piece of my Heart (2009) e un pequeno papel en Star Wars Episode III: Revenge of the Sith (2005). Tamén interpretou o papel principal como a Virxe María no filme The Nativity Story no 2006.
Filmografía[editar | editar a fonte]
Ano | Filme | Personaxe | Notas |
---|---|---|---|
2002 | Whale Rider | Paikea | |
2005 | Star Wars Episode III: Revenge of the Sith | Raíña Apailana de Naboo | |
2006 | The Nativity Story | Virxe María | |
2008 | Hey, Hey, It's Esther Blueburger | Sunni | |
Piece of My Heart | Kat | Televisión (en Nova Zelandia) | |
2009 | The Vintner's Luck | Celeste | |
2010 | Legend of the Seeker | Maia | Televisión |
2011 | The Almighty Johnsons | Gaia | Televisión |
2011 | Red Dog | Rose | |
2011 | Mona's Dream |
Premios[editar | editar a fonte]
Premios Óscar[editar | editar a fonte]
Ano | Categoría | Filme | Resultado |
---|---|---|---|
2003 | Mellor actriz | Whale Rider | Nomeada |
Premios do Sindicato de Actores[editar | editar a fonte]
Ano | Categoría | Filme | Resultado |
---|---|---|---|
2003 | Mellor actriz secundaria | Whale Rider | Nomeada |
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Keisha Castle-Hughes ![]() |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Keisha Castle-Hughes na IMDb (en inglés).
- The Nativity Story (en inglés)