Frank Oz
(2024) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (en) Frank Richard Oznowicz 25 de maio de 1944 Hereford |
| Residencia | Manhattan |
| Educación | Laney College (en) Oakland Technical High School (pt) |
| Actividade | |
| Lugar de traballo | Estados Unidos de América |
| Ocupación | director de cinema, actor de cinema, actor de televisión, actor de dobraxe, guionista, actor, monicrequeiro, realizador |
| Período de actividade | 1963 |
| Obra | |
Obras destacables
| |
| Familia | |
| Pai | Isidore Oznowicz |
| Premios | |
| |
Richard Frank Oznowicz,[1] coñecido como Frank Oz, nado en Hereford, 25 de maio de 1944 é un director e produtor de televisión anglo-americano e un dos responsables dos famosos fantoches e personaxes de programas como Barrio Sésamo e The Muppet Show.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Oz naceu en Hereford, Inglaterra, fillo de Frances (de solteira Ghevaert) e Isidore Oznowicz, ambos titiriteiros.[2] Os seus pais mudáronse a Inglaterra despois de loitar contra os nazis coas Brigadas holandesas. O seu pai polaco-holandés era xudeu e a súa nai flamenga era unha devota católica.[1] [3] [4] [5] Oz mudouse a Oakland, California, nos Estados Unidos, cos seus pais cando tiña cinco anos. Asistiu ao Oakland Technical High School e ao Oakland City College. Traballou durante un tempo cos Vagabond Puppets, unha produción do Departamento de Recreación de Oakland, onde Lettie Connell foi o mentor del.[6]
En Barrio Sésamo, interpretou a personaxes como Bob, Cookie Monster e Grover; no Muppet Show deu vida a George the Groundkeeper, Miss Piggy e Fozzie Bear.
Na saga de películas de Star Wars, foi o encargado de manexar o monicreque e interpretar a voz de Yoda, a excepción do Episodio IV, no que o personaxe non aparece. Nos episodios II e III, Oz só da voz ao personaxe, xa que, neses episodios, Yoda pasa a ser animado por ordenador.
Filmografía como director
[editar | editar a fonte]- The Fantastic Miss Piggy Show (TV, 1982)
- The Dark Crystal (1982)
- The Muppets Take Manhattan (1984)
- Little Shop of Horrors (1986)
- Labyrinth (1986)
- Dirty Rotten Scoundrels (1988)
- What About Bob? (1991)
- HouseSitter (1992)
- The Indian in the Cupboard (1995)
- In & Out (1997)
- Bowfinger (1999)
- The Score (2001)
- As mulleres perfectas (200)
- Death at a Funeral (2007)
- Onward (voz, 2020)
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 "A Conversation with Frank Oz at the Museum of the Moving Image". 25 de outubro de 2011. Arquivado dende o orixinal o 24 de decembro de 2017. Consultado o 14 de setembro de 2013.
- ↑ "Jos ackx, leven en werken te heist" (PDF) (en neerlandés). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 2014-02-22. Consultado o 2013-09-15.
- ↑ "Oz L.A. Times Score article- Edward Norton Information Page" (en inglés). 9 de xullo de 2001. Arquivado dende o orixinal o 2011-09-02. Consultado o 14 de setembro de 2013.
- ↑ "JewishJournal.com" (en inglés). Consultado o 14 de setembro de 2013.
- ↑ "''seattlepi.com'' "Director Frank Oz takes a new tack with low-budget dark comedy, 'Death at a Funeral'" William Arnold, 6/8/07". 8 de xuño de 2007. Consultado o 14 de setembro de 2013.
- ↑ "International Puppet Museum: Lettie Connell Schuburt" (en inglés). Consultado o 14 de setembro de 2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Frank Oz |
| A Galipedia ten un portal sobre: Cine |
