Star Trek Beyond
| Star Trek Beyond | |||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||||||||||||||||
Star Trek Beyond é un filme estadounidense de 2016 dirixido por Justin Lin. É o décimo terceiro título da saga Star Trek. É a secuela de Star Trek Into Darkness (2013) e a terceira da triloxía comezada co filme de 2009 Star Trek. Está protagonizado por Chris Pine e Zachary Quinto. Foi escrita por Doug Jung e Simon Pegg, o cal interpreta a un dos personaxes, e producida por J. J. Abrams, Roberto Orci e Bryan Burk.[1]
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Chris Pine como Capitán James T. Kirk
- Zachary Quinto como Spock
- Karl Urban como Doutor Leonard "Bones" McCoy
- Zoe Saldana como Uhura
- Simon Pegg como Montgomery "Scotty" Scott
- John Cho como Sulu
- Anton Yelchin como Pavel Chekov
- Idris Elba como Krall
- Sofia Boutella como Jaylah
- Joe Taslim como Manas
- Lydia Wilson como Kalara
- Deep Roy como Keenser
Produción
[editar | editar a fonte]Desenvolvemento
[editar | editar a fonte]Paramount anunciara que a próxima película da franquía, titulada provisionalmente polos medios de entretemento como Star Trek 3, estaba prevista para ser lanzada en xullo de 2016, a tempo para o aniversario número 50 da franquía.[2] Segundo os informes, a película terá lugar no espazo profundo, co Enterprise e o equipo tratando unha crise non revelada. Esta película segundo os informes, será máis similar ao orixinal Star Trek.[3]
Debido ao compromiso de Abrams de dirixir Star Wars: The Force Awakens, será produtor pero non o director.[4] O escritor Alex Kurtzman anunciou que xa non participaría, co seu compañeiro de escritura Roberto Orci, xunto con Patrick McKay e JD Payne.[5] Foi máis tarde cando se anunciou que Orci dirixiría a película, pero o 5 de decembro de 2014, informouse de que el xa non sería o director e que Edgar Wright estaba a ser considerado como unha potencial substitución.[6][7] O 22 de decembro de 2014, Justin Lin foi confirmado como director de Star Trek 3.[8]
O 22 de xaneiro de 2015, anunciouse que Simon Pegg co-escribiría a terceira película xunto con Doug Jung.[9] No proxecto orixinal de Orci, Pegg comentou que Paramount "tiña un guión de Star Trek que non estaba realmente traballado para eles. Creo que o estudo estaba preocupado de que podería ser demasiado pouco Star Trek-e". Polo seu papel como o guionista principal, Pegg pedira facer esta nova película "máis inclusiva", indicando que a solución era "facer un western ou un thriller ou unha película de roubo, e entón poboar iso con personaxes de Star Trek, polo que é máis inclusiva a unha audiencia que podería ser un pouco reticente."[10]
O 10 de abril de 2015, Deadline informou que a actriz francesa Sofia Boutella foi elixida como membro do elenco na terceira película.[11] O 21 de abril de 2015, Trek Movies revelou que o título da película sería Star Trek Beyond.[12]
Rodaxe
[editar | editar a fonte]A rodaxe comezou en xuño de 2015, con Bryan Cranston e Idris Elba en conversacións para o papel de vilán principal.[1][13][14][15]
Estrea
[editar | editar a fonte]O 23 de decembro de 2014, anunciouse que a película se estreará o 8 de xullo de 2016.[16][1] O 25 de novembro de 2015 FOX anunciou que a película tamén será estreada en formato IMAX, converténdose así na primeiro película da serie en estrearse en devandito formato.[17]
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 3 Staff (1 de xuño de 2015).
- ↑ Pascale, Anthony (18 de setembro de 2014).
- ↑ Khatchatourian, Manne (28 de xuño de 2014).
- ↑ Kroll, Justin (13 de maio de 2014).
- ↑ «Alex Kurtzman & Roberto Orci Splitting Up on Bigscreen (EXCLUSIVE)» (en inglés).
- ↑ Lesnick, Silas (5 de decembro de 2014).
- ↑ Fleming Jr, Mike (5 de decembro de 2014).
- ↑ Mile Fleming Jr (22 de decembro de 2014).
- ↑ «Simon Pegg Co-Writing ‘Star Trek 3′ With Doug Jung».
- ↑ «Simon Pegg criticises ‘dumbing down’ of cinema» (en inglés).
- ↑ Fleming, Jr, Mike (10 de abril de 2015).
- ↑ Iacovine, Kayla (21 de abril de 2015).
- ↑ http://www.ageofthenerd.com/2015/03/star-trek-3-to-begin-filming-in-june-2015/
- ↑ http://screenrant.com/star-trek-3-2016-casting-bryan-cranston-filming-locations/
- ↑ Idris Elba In Early Talks for 'Star Trek 3' Villain
- ↑ Moser, Cassidee (23 de decembro de 2014).
- ↑ Camacho, Lucía (25 de novembro de 2015).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Star Trek Beyond na IMDb (en inglés).
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)
- Star Trek
- Filmes de 2016
- Filmes en lingua inglesa
- Filmes dos Estados Unidos de América
- Filmes dirixidos por Justin Lin
- Filmes de 2016 en 3D
- Filmes de acción e ciencia ficción de 2016
- Filmes de acción e ciencia ficción dos Estados Unidos de América
- Filmes de ciencia ficción e aventuras dos Estados Unidos de América
- Filmes producidos por J. J. Abrams
- Filmes de Paramount Pictures
- Filmes de Skydance Productions
- Filmes ambientados no futuro
- Filmes de Bad Robot Productions
- Filmes de ciencia ficción
- Filmes rodados en Vancouver
- Filmes rodados en Seúl
- Secuelas de filmes dos Estados Unidos de América
- Filmes distribuídos en sistemas IMAX