Reloxo Astronómico de Praga
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde febreiro de 2019.) |
O Reloxo Astronómico de Praga (en checo: Staroměstský orloj) é un reloxo astronómico medieval, localizado en Praga, capital da República Checa. Este reloxo foi montado na parede sur da Casa do Concello da praza principal da Cidade Vella. Constitúe unha das atraccións turísticas da cidade.
O reloxo está formado por tres compoñentes principais: o mostrador ou cuadrante astronómico, que representa a posición do Sol e da Lúa no ceo, alén de amosar varios detalles celestes; a ”Camiñada dos Apóstolos”, un espectáculo mecánico que se representa a cada cambio de hora coas figuras dos apóstolos e outras esculturas con movemento; e un calendario circular con medallóns que representan os meses (ou zodíaco, como aparece nalgúns textos).
Historia
[editar | editar a fonte]A parte máis antiga do Orloj, composta polo reloxo mecánico é o mostrador astronómico, feito polo reloxeiro Mikulas de Kadan e Jan Sindel, máis tarde profesor de matemática e astronomía da Universidade de Charles, en 1410. Este reloxo é o terceiro do seu tipo. O primeiro foi construído en Padua en 1334.
Máis tarde (disque en torno de 1490) engádese o calendario circular. Ademais a fachada do reloxo foi decorada con esculturas góticas.
En 1552 foi reparado polo mestre-reloxeiro Jan Táborský, que tamén escribiu un relato sobre o mesmo onde menciona que Jan Huze, tamén coñecido como Hanus, fora o construtor do reloxo; información enganosa que non foi corrixida até o século XX.
Despois das reparacións de 1552, o reloxo parou de traballar e foi reparado moitas máis veces. No século XVII, engadíronse as estatuas móbiles. As figuras dos apóstolos, no cume, foron agregadas nunha gran reparación entre 1865 e 1866.
O reloxo sufriu moitos danos ao final da segunda guerra mundial cando os alemáns apuntaron fogo da artillaría á casa do concello. Toda a área foi queimada, xunto coas esculturas de madeira do Orloj, así como a face do calendario, de gran valor artístico, obra de Josef Manes. A máquina orixinal foi reparada e o reloxo volveu ao seu funcionamento normal en 1948.
Existen algunhas historias pouco realistas sobre a construción do reloxo astronómico. Por moito tempo, creuse que fora construído en 1490 polo mestre-reloxeiro Hanus e mailo seu asistente Jakub Čech. Outra historia ficticia di que o mesmo reloxeiro foi cegado para que non puidese construír outro reloxo semellante.
O cuadrante astronómico
[editar | editar a fonte]O cuadrante astronómico é a forma mecánica do astrolabio, instrumento moi usado na astronomía medieval. Doutro xeito, o cuadrante pode verse coma un planetario primitivo, que amosa o estado actual do Universo.
O fondo do cuadrante-mostrador representa o Planeta Terra (con Praga no centro) e o ceo e, na contorna, catro dos principais compoñentes móbiles: o anel zodiacal, máis interno e que circunda a representación do planeta, un anel rotatorio externo, unha icona que representa o sol e outra que representan a lúa.
As letras de ouro ultra-periféricas nun anel negro arredor do reloxo indican o Tempo Antigo Checo usando símbolos coñecidos como o numeral Schwabacher.
Fondo estacionario
[editar | editar a fonte]O fondo estacionario representa a Terra e a visión local do ceo. O fondo azul, no centro, representa a Terra e o azul na parte de riba representa a parte do ceo que está enriba da liña do horizonte. As áreas vermellas e negras representan a porción celestial baixo a liña do horizonte. Durante o día, o sol móvese por riba da área azul. Durante o orto e o ocaso, móvese polas áreas avermelladas. A parte vermella ao oeste (esquerda) representa a aurora, así como a parte leste, á dereita, simboliza o horario do crepúsculo. Esas mesmas regras serven para a localización da lúa.
Os números romanos en dourado, no bordo máis externo do círculo azul, seguen a escala de 24 horas diarias e mostran o horario local de Praga (fuso horario centroeuropeo). As liñas douradas curvas, que dividen a parte azul do cuadrante en 12 partes, mostran os “horarios desiguais”. Eses horarios equivalen a un doceavo do tempo transcorrido entre a aurora e o solpor e varían na proporción na que o tempo de luz de cada día aumenta ou diminúe, conforme a época do ano.
O anel zodiacal
[editar | editar a fonte]Na área interna do anel negro máis externo, hai outro anel móbil, que indica os signos do zodíaco e o movemento das estrelas. A pequena estrela dourada sinala o equinoccio de verán (no hemisferio sur é o mesmo día do equinoccio de inverno); o horario estelar pode lerse na escala cos números romanos.
A antiga escala de tempo checa
[editar | editar a fonte]No extremo externo do reloxo, aparecen numerais dourados Schwabacher sobre un fondo negro, que indican o tempo antigo checo (ou "horas italianas"), coas medidas comezando en "1" no solpor. Ese anel móvese durante o ano para coincidir co horario do solpor.
Sol
[editar | editar a fonte]O Sol dourado móvese arredor do círculo zodiacal, describindo unha elipse. O Sol xúntase co brazo que ten a man dourada, e xuntos amosan o tempo de tres xeitos diferentes:
- A posición da man de ouro sobre os números romanos indican a hora local de Praga.
- A posición do sol sobre as liñas douradas indican as horas en formato de horas desiguais.
- A posición da man dourada sobre o anel exterior indican as horas despois do amencer segundo o antigo horario checo.
Ademais, a distancia entre o Sol e o centro da esfera mostra o tempo entre o anoitecer e o amencer.
Lúa
[editar | editar a fonte]O reloxo amosa, coma no caso do sol, o movemento da Lúa na elíptica aínda que a velocidade moito máis rápida. A esfera semi-prateada da Lúa mostra a fase lunar.
O espectáculo da mudanza de horario
[editar | editar a fonte]A mudanza da hora do reloxo acontece cun espectáculo que comeza coa estatua da morte virando o seu reloxo de area. Ao mesmo tempo, iníciase o desfile dos 12 apóstolos. A orde de aparición é a seguinte:
- Paulo, cun libro e unha espada;
- Tomé, cunha lanza;
- Xudas, cun libro;
- Simón, cunha serra;
- Bertomeu, cun libro; e
- Xosé ou Bernabé, cun pergameo.
Na xanela dereita:
- Pedro, cunha chave;
- Mateu, cun machado;
- Xoán, cunha cobra;
- André, cunha cruz;
- Filipe, cunha cruz; e
- Xoán o Evanxelista ou Santiago, cunha maza.
A mudanza de horario prodúcese despois do carcarexo do galo que se atopa no bico do reloxo.
Outros detalles arquitectónicos da fachada
[editar | editar a fonte]Hai algúns detalles arquitectónicos na fachada do reloxo que cómpre salientar.
Estatuas
[editar | editar a fonte]Na fachada do reloxo, alén dos apóstolos, hai outras oito estatuas, descritas a seguir.
Estatuas en torno ao cuadrante
[editar | editar a fonte]Nos laterais, na parte máis alta do cuadrante, existen as seguintes estatuas:
Do lado esquerdo:
Do lado dereito:
É curioso que as figuras da Avaricia e da Luxuria sexan representadas coma un axiotista (orixinalmente xudeu, descaracterizado relixiosamente após a segunda guerra mundial) e dun turco musulmán. Outra observación interesante é que a cambio de hora faina a morte.
Estas catro estatuas representan as catro maiores preocupacións cívicas da poboación praguense da época.
Estatuas debaixo do cuadrante
[editar | editar a fonte]As figuras en torno do calendario son, da esquerda para a dereita, un cronista, un anxo, un astrónomo e un filósofo. Estas estatuas poden ser interpretadas como as catro fontes máis importantes da arte e da cultura praguense da época.
A roda-calendario
[editar | editar a fonte]O calendario baixo o cuadrante do reloxo é unha réplica dunha pintura do revivalista checo Josef Mánes, producida en 1866.
Nesta peza está representado todo o coñecemento astronómico da época, así como doce escenas que representan as catro estacións climáticas que, ao mesmo tempo, celebran a vida rural da rexión da Bohemia
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Guía de Praga, Victoria (Australia): Lonely Planet, 2003. 208 p., it. (Old Town Square).