Saltar ao contido

Spermophilus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Spermophilus
Spermophilus
Frédéric Cuvier 1825 Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
Clasificación taxonómica
 Categoría taxonómica
 Taxon superior
 Tipo taxonómico
 Sinónimo taxonómico
 Taxon homónimo
ReinoAnimalia
FiloChordata
SubfiloVertebrata
ClaseMammalia
OrdeRodentia
FamiliaSciuridae
TriboMarmotini
XéneroSpermophilus
Identificadores
Freebase/m/03jqyb Editar o valor en Wikidata
ITIS180145 Editar o valor en Wikidata
OTT631007 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata G:Commons C:Commons

Ammospermophilus

Notocitellus

Urocitellus

Marmota

Spermophilus sensu stricto

Otospermophilus

Callospermophilus

Ictidomys

Poliocitellus

Cynomys

Xerospermophilus

Relacións entre os Marmotini segundo os datos comparativos do citocromo b (Helgen et al., 2009: fig. 2): Os xéneros que anteriormente estaban incluídos en Spermophilus en letra grosa.

Spermophilus é un xénero de roedores da familia Sciuridae. A maioría das especies, xeralmente denominadas esquíos de terra (unhas 40 en total), situábanse normalmente neste xénero. Porén, Spermophilus en senso amplo considerouse parafilético e, á parte dos claramente distintos e recoñecidos como xéneros Cynomys, Marmota, e Ammospermophilus, foi dividido en oito xéneros por Kristofer Helgen e colegas.

O seu nome científico significa amante das sementes. Algunhas especies eurasiáticas denomínanse nalgunhas obras co nome común ruso suslik (суслик).[1]

Os Spermophilus poden portar pulgas que transmiten doenzas aos humanos (por exemplo a peste negra), e teñen actividades destrutoras como escavar túneles baixo as casas humanas. Aínda que poden gabear ás árbores, a maioría das especies viven en terra en hábitats abertos e sen árbores.[2]

Realizouse unha revisión xeral do xénero en 2007 por medio de análises filoxenéticos usando o xene mitocondrial do citocromo b. Isto tivo como resultado a división do xénero Spermophilus en oito xéneros, aos cales, xunto con Cynomys, Marmota e Ammospermophilus, se lles deu un clado numerado. As relacións exactas entre os clados están algo confusas en certos casos. Hai 14 especies exclusivamente paleárticas de Eurasia que se manteñen no xénero Spermophilus sensu stricto, e o resto en xéneros novos (á parte destas, só dúas especies de Urocitellus, predominantemente norteamericanos, se estenderon tamén a Eurasia).[3]

Ver Ammospermophilus.
  • Clado 6, Cynomys, chamados en Norteamérica "cans das praderías"
Ver Cynomys
Ver Marmota.
  1. The Free Dictionary
  2. Encyclopædia Britannica
  3. Helgen, Kristofer M.; Cole, F. Russel; Helgen, Lauren E. & Wilson, Don E (2009). "Generic Revision in the Holarctic Ground Squirrel Genus Spermophilus" (PDF). Journal of Mammalogy 90 (2): 270–305. doi:10.1644/07-MAMM-A-309.1. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 22 de outubro de 2011. Consultado o 28 de decembro de 2016.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]