Souto, Leroño, Rois

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Souto
Souto123.png
ParroquiaLeroño
ConcelloRois
Poboación36 hab. (2018)

Souto é unha aldea da parroquia de Leroño, no concello coruñés de Rois, na comarca do Sar. Segundo o IGE,[1] en 2018 tiña 36 habitantes (15 homes e 21 mulleres).

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

A palabra Souto vén do latín; saltus que significa fraga, bosque, selva. Chámase así porque é un terreo poboado de castiñeiros, no que se cultiva a castaña e se obtén madeira para leña.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Atópase a uns 22 km de Santiago de Compostela e está situado no val do río Baleirón[2] cunha altitude duns 116 msnm. Souto ocupa unha superficie de 950 000 m2.

Hábitat[editar | editar a fonte]

Río en Souto

A aldea está situada nun lugar baixo e abrigado, por ela cruza o río Baleirón,[3] afluente do río Rois.[4]

Todo o lugar está rodeado de monte con moita vexetación que, na súa maior parte, medra espontaneamente.

Cultura e patrimonio[editar | editar a fonte]

Souto, pese a que é unha aldea pequeña, conta con abundante patrimonio:

  • Oito hórreos, tres deles dispersos e os outros cinco nunha eira onde antes se mallaba e se secaban os legumes.
  • Dous cruceiros, un deles sábese que data do ano 1730 porque ten gravada a data e unhas inscricións en latín.
  • Un pozo e unha fonte de 1934 na que antigamente se lavaba a roupa.
  • Dous muíños de auga. Un deles aínda conserva a moega, a pedra e o rodezno.
  • Unha mina de auga.
  • Un pombal.
  • Na aldea tamén hai uns batáns, que eran os lugares onde estaban antigamente estes aparellos de madeira, construídos no curso de auga.

Literatura popular[editar | editar a fonte]

Cruz de pedra, de Souto

No monte de Souto hai unha cruz de pedra que antigamente marcaba o camiño sacramental ata a igrexa parroquial de Santa María de Leroño. Os veciños dicían que a cruz tamén era un sinal de protección.

Din que protexe a aldea e os seus habitantes contra todo tipo de males, meigallos, bruxas e tamén contra o lume. Din que a cruz é como o amuleto da aldea.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Leroño[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Leroño no concello de Rois (A Coruña)

A Casa do Vento | Choucela | Covas | A Eirexa | Leroño | Liñares | Souto | Vilar de Castro

Parroquias de Rois[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Rois

Augasantas (San Vicente) | Buxán (San Xoán) | Costa (San Miguel) | Ermedelo (San Martiño) | Herbogo (San Pedro) | Leroño (Santa María) | Oín (Santa María) | Ribasar (Santa Mariña) | Rois (San Mamede) | Seira (San Lourenzo) | Sorribas (San Tomé) | Urdilde (Santa María)

Notas[editar | editar a fonte]