Sopa de cebola
Sopa de cebola | |
Prato de sopa de cebola. | |
Tipo | Sopa |
Orixe | Francia |
Ingredientes | |
Animal | Queixo |
Vexetal | Cebola Pan |
A sopa de cebola (en francés: Soupe à l'oignon) é un caldo no que o ingrediente principal é a cebola (aínda que normalmente leva unha base de pan). É unha sopa moi coñecida orixinaria de Francia. Hoxe é unha das sopas máis populares, e aínda se pode atopar en forma de sopa instantánea en case calquera supermercado no mundo occidental.
Consumo
[editar | editar a fonte]Para a elaboración do prato é preciso cortar algunhas cebolas en forma de brunoise ou xuliana e, a continuación, fritir en manteiga (compoñente da versión chamada "francesa") ou calquera outro aceite vexetal. Todo isto cócese máis tarde en auga e fariña (é un tipo de Roux). Sérvese polo xeral quente nun tipo de recipiente coa cebola flotando sobre algúns anacos de pan branco.
Historia
[editar | editar a fonte]Aparece por primeira vez esta "versión francesa" de sopa de cebola co nome de "Soupe d'oignons aux Halles" no século XVIII[1] no Halles de París (o antigo mercado). Era considerado no pasado (Revolución Francesa) como un prato humilde, feito con ingredientes sinxelos, ás veces identificado con períodos de abstinencia.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Margaret Fulton (30 de novembro de 2011). . Margaret Fulton Favourites: The Much-Loved, Essential Recipes from a Lifetime of Cooking. Hardie Grant Publishing. ISBN 978-1-74066-906-1.