Caneca

Unha caneca da Wikipedia.
Unha caneca[1] é unha variedade de recipiente semellante a un vaso, mais cun saliente chamado "asa". Ao contrario da cunca, que ten a base inferior máis pequena que a abertura superior, a caneca ten xeralmente forma cilíndrica. Diferéncianse das xerras principalmente polo seu menor tamaño e a ausencia de bico.
Función[editar | editar a fonte]
A caneca é un recipiente resistente, destinado para almacenar líquidos en temperaturas elevadas, como café, té, chocolate quente ou leite. Hoxe en día é común tamén un tipo de caneca, feita de vidro, destinada principalmente ao consumo de cervexa.
Materiais[editar | editar a fonte]
As canecas son feitas tradicionalmente de cerámica, mais hoxe en día existen canecas de vidro resistente a choques térmicos, de plástico ou de metais, como aceiro e aluminio.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Ver a definición de caneca Arquivado 22 de xullo de 2013 en Wayback Machine. no dicionario da Real Academia Galega.
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Caneca |