Saltar ao contido

Abstinencia (concepto)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Denomínase abstinencia (do latín abstinentia, "temperzanza", "desinterese", "integridade", "xexún", "continencia") a unha actitude humana de decisión caracterizada por absterse dalgunha cousa, como unha bebida, un alimento ou até mesmo unha necesidade, ou privarse de facer unha determinada acción.

"A abstinencia é a renuncia voluntaria á satisfacción dun desexo ou necesidade".
André Lalande, 1993

.

A abstinencia está, usualmente, ligada á restrición do uso de substancias tóxicas, sendo case sempre citada en relación con algúns problemas, como o alcoholismo ou outras drogodependencias.

Existen varios tipos de abstinencias comúns como, por exemplo, a abstinencia alimentaria, a abstinencia sexual ou a abstinencia disciplinaria, entre outras.

A abstinencia sexual refírese á privación de relacións sexuais, e acostuma a defenderse por algúns como un recurso preventivo contra a SIDA e outras doenzas de transmisión sexual, principalmente entre adolescentes. A súa adopción é preconizada por determinadas denominacións relixiosas que a consideran como unha virtude, estando ligada ao termo castidade.